Unha persoa entra a roubar no Bar Galicia, agredindo antes ó propietario.
Sobre ás 2:15 horas desta madrugada, cando o propietario deste bar, situado na N-550 preto da Casa do Concello, Sergio Campañó viña de depositar o lixo nos contedores (o bar xa estaba pechado), observou que saía da finca situada entre o edificio do establecemento e a Casa do Concello un individuo encarapuchado cun pasamontañas. Entrou no bar e baixou a verxa, pero o individuo levantouna e comezou entón un forcexeo na vía pública. Serxio foi golpeado cunha barra e o apreciar unha pistola nas mans do atracador (non se pode asegurar se era real ou de xoguete), fuxiu ata as rúas centrais de Pontecesures.
De seguido, o ladrón levou do bar, unha caixa coa recadación, un teléfono portátil e unhas pezas da rexistradora.
Serxio foi asistido no centro médico e aínda que esta ben e ten oito puntos de sutura na cabeza, ó parecer, vaiselle facer un TAC no Hospital Clínico en prevención de calquera dano.
3 comentarios
Tiroliro II · 21-01-2009 a las 20:12
Unha pena xa que temos os cacos moi cerca, moito Ave, moito cidade da cultura, moito viaxe a feira do libro da habana empinando mojitos a conta nosa, moito fala o touriño de que facemos pais, e a xente pasando medo polas noites, touriño di que facemos pais…que pais? de ladróns, o do Galicia traballando como un cabrón todo o día para que por pouco o maten nun vira vira, e o cuartel de valga sin xente, nin medios, nin nada, eso non vende, venden as papadas e bailes de quintana, andar con coches oficiais por ahí co da dependencia, e os do pp facían o mesmo para pillar os votos, en vez de ir por America a gastar cartos e a papar votos que gasten na seguridade, calquera día matan a un pobre cristo e logo virán os políticos a dar o pesame e a contarnos catro caralladas
o.gcv · 22-01-2009 a las 00:32
estou totalmente de acordo contigo tirolillo II, aquí hasta que haia unha desgracia non van facer nada, e despois é o ke dís tí, veñen a darche o pésame e kédanse tan panchos.
tíñamos ke ter máis seguridade neste pueblo, ke non é tan grande, o ke pasa ke se está mellor nos bares ke andar a vigilar ó pueblo.
e debíamos de ter vigilancia nocturna, ke se turnaran entre valga e cesures, ke non lles caían os anillos. é verdade ke en valga non teñen personal no cuartel……. a súa atención ó cidadán deixa moito ke desear, pero bueno, haber si co gran susto ke levou o pobre de Sergio, haber si a alcaldesa mira máis por nós e fai algo.
manolo o do bombo · 22-01-2009 a las 14:40
Aqui neste pobo pasan de todo,solo miran os seus intereses.