BALONCESTO: O TEMPORAL IMPIDE A CELEBRACION DE VARIOS PARTIDOS

Publicado por fru o

Debido ó temporal destes dias, esta vindeira fin de semana apenas teremos partidos. Así, a humedade en forma de condensación afecta ás pistas e os pabellóns quedan inutilizados para a práctica deportiva, por riscos de esbaróns e caidas.

No caso do noso club quedaron suspendidos os partidos que mañá sabado ian xogar os cadetes e infantis, contra Estrada e Pontevedra, respectivamente. Tampouco poderán xogar os alevíns no Grove polo mesmo problema.

Neste momento mantense o partido senior contra o Motobazar de Vilagarcia, para mañá sábado as 20 h. en Fontecarmoa II, pabellón que logo das obras realizadas, apenas ten estes problemas.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.