O «Sol y Mar» segue intratable á fronte da Liga de Futbito de Valga trala 1ª volta.
A Liga de Futbito Veterán de Valga xa tiña campión de inverno a falta dunha xornada para o ecuador do torneo. Pero o Cafetería Sol y Mar non quixo deixar lugar a dúbidas, e o pasado domingo pechou a primeira volta ligueira cun novo trunfo. Nesta ocasión, por 2-0 sobre outro dos equipos importantes do campionato, o A Palmeira.
A Cacharela Karymo P. queda como segundo clasificado en solitario mercede ao seu 2-1 ante o Desigual e ao empate a uns do A Redonda fronte ao Benjamín Ramos. Completan a xornada os seguintes marcadores: Valdeza Bar Juan 6-0 Trans. Veiga Bar O Belén; Bar Muelle 2-1 Joyería Riveiro; e Extrugasa 1-1 A Casa Vella. O Elite Electricidad descansou.
A clasificación queda así despois de doce xornadas: 1º Cafetería Sol y Mar (32 puntos); 2º A Cacharela Karymo P. (27); 3º A Redonda (25); 4º A Palmeira (25); 5º Benjamín Ramos (22); 6º Desigual (19); 7º Trans. Veiga Bar O Belén (13); 8º Valdeza Bar Juan (12); 9º A Casa Vella (11), 10º Elite Electricidad (10); 11º Bar Muelle (10); 12º Extrugasa (9); e 13º Joyería Riveiro (3).
Javier Vázquez Taibo, do Benjamín Ramos, encabeza a táboa de máximos goleadores con 20 tantos, o dobre co segundo clasificado, o xogador do Elite Electricidad José Rodríguez Pérez.
LA VOZ DE GALICIA, 11/02/09
0 comentarios