Aymerich acusa a Feijóo de «incumprir o regulamento do Parlamento» ao aceitar en préstamo un coche «que nin sequera declarou a Facenda»
Aymerich acusa a Feijóo de «incumprir o regulamento do Parlamento» ao aceitar en préstamo un coche «que nin sequera declarou a Facenda»
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2008. O deputado do BNG, Carlos Aymerich, considera ??pouco ético? por parte do próximo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que sendo portavoz do PP no Parlamento Galego aceitase un Peugeot 607 en préstamo gratuíto por parte de Citroën .
Carlos Aymerich subliña que ??o Réxime de Incompatibilidades dos deputados do Parlamento de Galiza impídelles cando teñen dedicación exclusiva ??caso do señor Feijóo- calquera retribución en diñeiro ou especie diferente das retribucións parlamentarias que se recollen nos Orzamentos da Xunta de Galiza?.
Ademais o deputado do BNG, critica que o líder do PP ??ao parecer non pagase impostos a Facenda por utililzar este Peugeot 607, cando o artigo 42 da Lei 35/2006, do IRPF establece claramente a obrigatoriedade de pagar taxas?.
??De qué lado se porá o señor Feijóo en caso de conflito entre a empresa e os traballadores??
Dado este trato de favor ao daquela portavoz do Grupo Parlamentario do PP , Carlos Aymerich, pregúntase ??de qué lado se porá o agora presidente do Goberno galego en caso de conflicto entre a empresa PSA Peugeot-Citroën e os traballadores, caso dun ERE que ten que autorizar o Goberno galego??.
0 comentarios