Aymerich acusa a Feijóo de “incumprir o regulamento do Parlamento” ao aceitar en préstamo un coche “que nin sequera declarou a Facenda”
Aymerich acusa a Feijóo de “incumprir o regulamento do Parlamento” ao aceitar en préstamo un coche “que nin sequera declarou a Facenda”
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2008. O deputado do BNG, Carlos Aymerich, considera â??pouco éticoâ?� por parte do próximo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que sendo portavoz do PP no Parlamento Galego aceitase un Peugeot 607 en préstamo gratuíto por parte de Citroën .
Carlos Aymerich subliña que â??o Réxime de Incompatibilidades dos deputados do Parlamento de Galiza impídelles cando teñen dedicación exclusiva â??caso do señor Feijóo- calquera retribución en diñeiro ou especie diferente das retribucións parlamentarias que se recollen nos Orzamentos da Xunta de Galizaâ?�.
Ademais o deputado do BNG, critica que o líder do PP â??ao parecer non pagase impostos a Facenda por utililzar este Peugeot 607, cando o artigo 42 da Lei 35/2006, do IRPF establece claramente a obrigatoriedade de pagar taxasâ?�.
â??De qué lado se porá o señor Feijóo en caso de conflito entre a empresa e os traballadores?â?�
Dado este trato de favor ao daquela portavoz do Grupo Parlamentario do PP , Carlos Aymerich, pregúntase â??de qué lado se porá o agora presidente do Goberno galego en caso de conflicto entre a empresa PSA Peugeot-Citroën e os traballadores, caso dun ERE que ten que autorizar o Goberno galego?â?�.