A comida e a música, unha moi boa mestura.
Os alumnos interpretaron distintos temas no festival musical.
O IES de Valga forma parte do proxecto medioambiental ??Axenda 21? e para seguir informando e concienciando ao alumnado do centro sobre este tema, celebraron onte pola mañá un festival musical, no que as cancións versaron na súa maioría, sobre temas relacionados coa alimentación.
A cita musical tivo lugar no Auditorio Municipal do concello e a ela asistiron todos os estudantes de ESO e Bacharelato, acompañados polos seus mestres, que tamén ao final se animaron a subir ao escenario.
Era case o mediodía cando a sala recibía aos estudantes e docentes do centro de Secundaria que estarían nas instalacións municipais durante dúas horas, presenciando un festival musical no que os temas que tocaron eran de distintos estilos. Así, houbo ocasión de gozar de pezas clásicas, como o ??Cano de Pachelbel?, do que incluso houbo versións máis cañeiras, cancións de cine, éxitos recentes e músicas da terra, como os do grupo vigués A Roda, ??Os bistéqueles? e ??Arroz con chícharos?, co que puxeron o punto e final, tanto mestres como alumnos do instituto.
Sobre o escenario do Auditorio pasaron alumnos de Secundaria e de primeiro de Bacharelato (os de segundo atópanse tan inmersos na preparación da Selectividade que as súas horas de lecer están contadas); as tarefas de presentación correron a cargo de dúas das alumnas máis novas do centro e que acaban de entrar no IES.
Pero aínda que o festival estaba preparado e dirixido para os estudantes do instituto valgués, contaron cun público de excepción: Os maiores que asisten ao Centro de Día, que se atopa no segundo andar do edificio municipal.
Á marxe das actuacións, aproveitouse a xornada para proxectar imaxes sobre algunhas actividades organizadas no centro.
DIARIO DE AROUSA, 25/03/09
0 comentarios