NOVO EXITO DA CANTEIRA DO BASKET: 5 XOGADORES/AS INFANTIS E CADETES DO CLUB RIO ULLA ACUDEN ? TORNEO DE SELECCIONS ZONAIS
Estes dias confirmaronse as expectativas e ilusións de varios dos rapaces/as do noso club. Ate 5 integrantes, 7 se contamos a 2 adestradores do club, van ir disputar cas respectivas seleccións zonais de Arousa, tanto infantís coma cadetes, masculina e feminina.
Así na Infantil feminina serán 2 as integrantes seguras: Eva Gerpe e Raquel Diz. Temos coma suplente a outra nena do club Lara Alvarez, que, caso de que unha participante do Cortegada non se recupere a tempo dunha enfermidade, acudiría a nosa xogadora.
Na Infantil masculina estará Jose Carlos García representando ó noso club.
Na Cadete masculina será o mozo Fran Bragado ó que vaia ca súa selección. Esta selección estára dirixida polos adestradores do CB Rio Ulla Antonio Pedrido e José Rodríguez.
Finalmente, na cadete feminina Idoia Gonzalez está convocada para esta selección.
O torneo vaise celebrar este sábado 28 en Ourense todo o día, partido dende Vilagarcia ás 8 da mañá un bus con todos os integrantes das 4 seleccións. O torneo disputarase en 2 pabillóns da capital ourensana, e as outras seleccións rivais deste torneo son Vigo e Ourense. nun disputarán os partidos de infantís, tanto masculino coma femininos. No outro serás os nenos e nenas cadetes.
Idoia, Eva, Antonio e Raquel logo do adestramento desta tarde
Sorte a todos.
2 comentarios
Noelia · 26-03-2009 a las 21:47
Unha das xogadoras que tamen saíu desta gran canteira é Miriam García que actualmente xoga en Vilagarcía no Cortegada. Esta claro k en pontecesures hai un gran talento.Sorte a todos pero sobre todo as miñas nenas raquel, eva e a miña irmá Miriam.
fru · 26-03-2009 a las 23:28
Tes razón. Sorte para Miri tamén neste campionato e na liga galega, por onde leva 2 tempadas demostrando o boa que é.