O BNG de Pontecesures presenta unha moción para que o pleno reprobe ao 1º tenente de alcalde, Rafael Randulfe.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

MOCI?N DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PONTECESURES.

Margarita Carolina García Castro, Manuel Luis Álvarez Angueira, Cecilia Tarela Barreiro, Xosé Antonio Baliñas Pazos e Arturo Ferro González; concelleiros do grupo municipal do BNG de Pontecesures apresentan a seguinte moción para ser tratada na sesión plenaria do día 30 de marzo de 2009.

Exposición de motivos:

O domingo 1 de marzo na mesa electoral B, no colexio de Pontecesures, o representante do PP e ao mesmo tempo 1º tenente alcalde do Concello de Pontecesures, Rafael Randulfe, foi sorprendido introducindo unha papeleta do PP nun subre que lle deu a un veciño para que votase. Este feito foi visto polos interventores de todos os partidos así como polos membros da mesa electoral.

Tanto os interventores do PSOE como os do BNG apresentaron denuncia ante a Xunta Electoral Provincial a fin de que se tomen as medidas oportunas.

Este feito, moi grave, constitúe un atentado á democracia, un desprezo aos membros da mesa e aos interventores. Pero non só este feito é o único atropelo á democracia e ás normas que rexen o proceso electoral, senón que o propio sábado na xornada de refrexión, o Sr. Randulfe foi visto repartindo votos polas vivendas, cando esta práctica esta claramente prohibida.

O BNG considera que o comportamento do Sr. Randulfe non debe quedar impune e por iso acudimos á Xunta Electoral para que prácticas como esta se erradiquen para sempre no nosos pobo.

O talante antidemocrático deste tenente de alcalde constitúe unha mostra de prepotencia e de non respecto da lei electoral,n e consideramos que esta actitude, por saúde democrática, debe ter as súas consecuencias, tanto as que deba tomar pola súa parte a Xunta electoral, como de carácter político, e polo tanto dende o grupo municipal do BNG solicitamos ao pleno da corporación a reprobación ao Sr. Randulfe como tenente de alcalde e como concelleiro, pois se mofa das leis e do respecto democrático. Nos preguntámonos, se é capaz de facer isto diante dos membros dunha mesa electoral e dos interventores, que fará no concello?

En consecuencia, o grupo municipal do BNG solicita ao pleno da corporación a adopción do seguinte:

ACORDO

1.Reprobación por parte do pleno da corporación ao 1º tenente de alcalde, D. Rafael Randulfe vieites polos feitos sinalados na exposición de motivos, levados a cabo nos días 28 de febrero e 1 de marzo.


3 comentarios

vdevendeta · 26-03-2009 a las 21:48

non me podo creer que se faga esto!!!e logo,claro,pensaremos que o goberno de pontecesures esta en boas mans,claro!!!

Cara de cona · 28-03-2009 a las 18:53

Hai que ter huevos…..atacan o pobre randulfo…..xa ten a fama que ten que ten e vides con esto…..que mellor cabeza de lista do pp para os demais que o bigote…..moncho o soqueiro o que lle meteu o voto e do pp a morte….vai ir o pleno me dixeron….que coña de cesures….todo nos bares….que protagonistas…..randulfo, o soqueiro, baliñas….o do pulpo…o dos calcetíns, arturo ferro…jo…jo…jo….

proteston · 29-03-2009 a las 19:19

Hombre por fin alguien va a enderechar a este sinvergüenza.Este señor desde que esta en el gobierno se cree el sheriff del pueblo.Me recuerda a su primer jefe.Le copía um montón las formas,el saber estar,la educación…Espero que el BNG y el PSOE consigan algo en la junta electoral.Tienen todo mi apoyo desde Pontevedra aunque yo sigo censado en este pueblo y voto aquí.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.