Subvención de 40.000 ? para promocionar os estilos de vida saudable en Catoira, Valga e Pontecesures.
? abeiro da Orde de 23 de xaneiro de 2009 á Consellería de Sanidade ven de conceder esta subvención para o proxecto presentado polos tres concellos citados.
Para levar a cabo este proxecto vaise contratar, como mínimo, un diplomado universitario con especialidade en educación física e outro con formación académica en alimentación e nutrición humana.
As actividades irán dirixidas tanto á poboación infanto-xuvenil como á poboación adulta.
En concreto vanse realizar actividades de promoción da vida sen tabaco, alcohol e outras drogas (talleres de habilidades sociais para os xoves, obradoiros de bebidas saudables, formación de profesorado, espacios sen fume, charlas, cartelería, etc?); de promoción da actividade física para a mellora da saúde en todas as idades (iniciación ao deporte, recreos activos, rutas de sendeirismo, etc?); e de promoción dunha educación equilibrada e saudable en todas as idades (sesións informativas dirixidas a 3ª idade e colectivos de risco, talleres de almorzo, promoción da venda de productos saudables en centros educativos, dieta atlántica, saúde bucodental, lactancia materna, etc?).
O goberno local de Pontecesures quere mostrar a súa satisfacción pola subvención, anunciando que, en breve, os representantes dos tres concellos manterán unha xuntanza para organizar as actividades do proxecto, e fixar as bases para a contratación do persoal.
0 comentarios