Mañá domingo, día 26, o CT Padrón xogará algúns encontros de tenis no polideportivo de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O Club de Tenis de Padrón, que milita na 4º División de tenis galego por equipos, disputará algúns encontros no polideportivo cesureño, entre as 10 e as 13 horas de mañá domingo. O rival será o Círculo Mercantil de Vigo.
Nestes enfrentamentos por equipas, dispútanse cinco partidos individuais e dous de dobles. Está previsto que en Pontecesures sexan disputados dous ou tres, polos problemas existentes coa filtracción de augas nos pavillóns de Padrón (para o día 26 espéranse choivas).

Categorías: Deportes

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.