Moción do BNG de Pontecesures para a retirada da fachada da Igrexa de elementos que lembran a guerra civil española
Margarita Carolina García Castro, Manuel Luis Álvarez Angueira, Cecilia Tarela Barreiro, Xosé Antonio Baliñas Pazos e Arturo Ferro González, concelleiros do Grupo Municipal do BNG de Pontecesures presentan a seguinte moción para seren tratada na sesión plenaria do día 25 de maio de 2009.
LEI DA MEMORIA HIST?RICA
Exposición de motivos:
Tendo en conta que en todos os concellos de Galiza se está levando a cabo a desaparición de insignias sobre a guerra civil española. Nos como grupo do BNG de Pontecesures cremos que é necesario que no nos concello tamén se leven á práctica este tipo de actuacións.
Polo tanto, amparándonos na lei 52/2007, do 26 de decembro coñecida por todos como a Lei da memoria histórica, xa que a mesma ten coma finalidade recoñecer e ampliar os dereitos e establecer medidas a prol de quen padeceu persecucións ou violencia durante a gerra civil e os seguintes anos da dictadura.
E tendo en conta que o artigo 15 de dita lei, di o seguinte:
Que as administracións públicas, no exercicio das dúas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos oun mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva da sublevación militar da guerra civil e da represión da dictadura.
Manter estes nomes e estas distincións significa exaltar un réxime opresor que se caracterizou por falla de liberdades que que promoveu valores totalmente opostos aos valores democráticos, de xustiza, igualdade, repecto á pluralidade e diferenza.
POR ESTES MOTIVOS, PROPO?EMOS AO PLENO DA CORPORACI?N O SEGUINTE ACORDO:
1. Que os membros do goberno que o vexan convinte se poñan en contacto coas autoridades eclesiásticas pertinentes para facer efectiva a retirada destes elementos da fachada da Igrexa Parroquial de Pontecesures, xa que como dí o seu nome é parroquial, o que é igual a que é de todos os veciños, acatando así a Lei da memoria histórica.
0 comentarios