O equipo infantil feminino do C.B. Río Ulla xogará a final de copa en Pontecesures
Equipo infantil feminino 2008-09
Esta tarde a delegacion arousana da federacion galega de baloncesto confirmou que o polideportivo de Pontecesures vai ser a sede da final da copa arousana, na súa categoría infantil feminina, este próximo sábado día 23 de maio, en horario pendente de determinar.
A esta final chegan 2 dos mellores equipos da competición zonal, onoso equipo Extrugasa Rio Ulla e o Meco de O Grove. Ambos equipo enfrentaronse varias veces ó longo do ano, cun balance final de 2 victorias para cada equipo.
Anunciaremos con tempo a hora do partido, esperando contar con numeroso público que anime ás nosas rapazas para que este título quede no noso club.
Tamén o equip masculino conta con posibilidades de chegar á sua final. Quedanlle 2 partidos da liguilla copeira, e de momento están con 2 gañdos e 0 perdidos nesta fase final. Gañando 1 dos 2 aseguranse estar na súa final, que tamén temos pedido para organizar polo noso club. Sería na fin de semana do sábado 6 de xuño.
0 comentarios