Contestación do goberno local sobre as acusacións do BNG relacionadas con Fegaclasic.
NOTA DO GOBERNO LOCAL DE PONTECESURES CONTESTANDO AO BNG DE PONTECESURES EN RELACI?N CON FEGACLASIC.
Queremos contestar o seguinte:
1. Á rolda de prensa de presentación da feira asisteu o concelleiro de cultura. Ao acto inaugural asistiron o 1º tenente de alcalde e o concelleiro de cultura.
2. O concello colaborou coa feira dos días 16 e 17 de maio coa Policia Local (afrontou, naturalmente, o custo do pago ao personal por traballos fóra do seu horario ordinario), con Protección Civil, poñendo á disposición dos organizadores un pedestal de titularidade municipal para a súa colocación no recinto, e incluso permitindo, o día 17 alimentar, dunha instalación pública uns xogos inchables que estiveron nos terreos da feira. Por certo, o pedestal aínda non foi devolto á súa lugar de orixe.
3. Os baños da praza de abastos, próxima á feira, foron abertos en xornada de mañá. Pola tarde pecháronse pois a organización negouse a facerse responsable das instalacións, desentendéndose das súas obrigas en canto a conservación ou salubridade.
4. O concello curtou o tráfico, como se solicitou pola organización, na rúa Sagasta. O domingo non se fixo, pois así o dispuxo ??Mirándolle os Dentes?. O mesmo domingo solicitouse á Policía Local que se curtara o tráfico en San Lois perante unha breve cerimonia no monumento do ??Coche de Pedra?. A policía accedeu sen intervir membro algún do goberno local, pero, ao parecer, pola densidade de tráfico e por unha colisión, a intercepción dos vehículos demorouse e o acto retrasouse un pouco. Lamentamos o sucedido pero non houbo intencionalidade para prexudicar ou afear a cerimonia.
5. No pleno ordinario do día 25 dárase todo tipo de información sobre estas cuestións, podendo consultar todos os documentos os concelleiros e os veciños de Pontecesures. Dende logo non se voltará a recorrir ao Valedor do Pobo para consultar documentación como nos tempos de Álvarez Angueira, felizmente superados.
6. Nin prexodicou nin torpedeou Fegaclasic o goberno local. Os nacionalistas cesureños tratan de sacar tallada promovendo a confusión e predispoñendo aos organizadores contra o concello. Eles saberán ó porque deste escoramento tan descarado. Dende logo quedou moi claro de que parte están. Defendendo os intereses municipais por suposto que non
Pontecesures, 22 de maio de 2009.
0 comentarios