Mónica Arias Carriba, nova arquitecta do Concello de Pontecesures.
ACTA DA REUNI?N DA COMISI?N DE VALORACI?N (FASE ENTREVISTA) PARA A SELECCI?N DUN/HA ARQUITECTO/A, CELEBRADA O DÍA 11 DE XU?O DE 2009. ==============================================================
Na Consistorial de Pontecesures a once de xuño de dous mil nove, sendo as dezaseis horas e trinta minutos se procede á celebración da reunión convocada para realización da entrevista persoal ós candidatos que acadaron unha puntuación mínima de catro puntos na fase de concurso na convocatoria efectuada para a contratación laboral temporal, a tempo parcial, de un/ha Arquitecto/a. Asisten: D. Carlos D. Besada Ferreiro, Arquitecto no Concello de Sanxenxo, en calidade de presidente, e os vogais: D. José Angel Hermo Túñez e D. Evelio Sánchez Juncal, arquitectos nomeados polo Colexio de Arquitectos de Pontevedra, actuando de Secretaria a da Corporación, Doña Mª Trinidad Rodríguez Suárez, que da fe do acto.
Seguidamente se procede o exame da única alegación presentada na fase de concurso por D. Adolfo Vieites Vázquez, na que se solicita a revisión da puntuación asignada nos apartados de antigüidade e cursos, e analizados estes e o informe do Presidente do Comisión de Valoración, esta acorda desestimar a solicitude do recorrente, toda vez que a puntuación que se lle asignou polo méritos documentados é totalmente coherente coas bases para o proceso selectivo e coa asignación de puntos outorgada ó resto dos aspirantes admitidos.
E sendo as dezasete horas, se procede a efectuar o chamamento ós aspirantes que pasaron á fase de entrevista, persoándose todos excepto Juan Mugarra Fernández-Roel.
Concluída a fase de entrevista, que consistiu na formulación de preguntas sobre temas teóricos e prácticos relativos as funcións a desempeñar, a Comisión de Valoración outorgou a seguinte puntuación:
PUNTUACION FASE DE ENTREVISTA:
Arias Carriba, Mónica. 1,61
Duarte Vázquez, Jorge. 1,47
Diz Gómez, Francisco Javier. 0,94
Alonso Mosquera, Raquel. 0,97
Gómez Morgade, Mª Teresa. 0,50
Camba Dopazo, Iván. 1,72
Á vista das puntuacións obtidas nas fases de concurso e entrevista a puntuación final resultante acadou o seguinte resultado:
PUNTUACION FINAL OBTIDA NO CONCURSO-ENTREVISTA:
CANDIDATO CONCURSO ENTREVISTA TOTAL PUNTUACION
Arias Carriba, Mónica
5,50 1,61 7,11
Duarte Vázquez, Jorge
5,50 1,47 6,97
Camba Dopazo, Iván
4,00 1,72 5,72
Diz Gómez, Francisco Javier
4,30 0,94 5,24
Alonso Mosquera, Raquel
4,10 0,97 5,07
Gómez Morgade, Mª Teresa
4,10 0,50 4,60
Á vista da puntuación final obtida, a Comisión de Valoración decide propoñer para cubrir a praza de Arquitecto/a a Dª Mónica Arias Carriba, propoñendo, conforme as bases, que quede constituída como lista de espera e por orde de puntuación os demais candidatos non propostos, para que, no seu caso, en defecto do adxudicatario ou adxudicatarios da praza, sexan chamados por dito orden.
E non habendo máis asuntos que tratar pola la Presidencia se da por terminada a reunión sendo as vinte horas, levantándose a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os asistentes.
0 comentarios