O xornalista cesureño «Borobó», dá nome a un premio de artigos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela rende unha nova homenaxe a Raimundo García Domínguez «Borobó», e faino con instauración dun premio que leva o nome do falecido escritor cesureño, todo un recoñecemento ao legado e ao labor realizado en vida polo promotor de «La Noche». O certame, que está dotado con 4.000 euros e premiará ao autor dun artigo inédito, foi presentado esta semana coincidindo co aniversario do nacemento de «Borobó», que o pasado venres cumpriría 93 anos. Ao acto asistiiu o seu fillo. Raimiundo García Paz, quen afondou na figura e o traballo xornalístico realizado polo seu pai e sinalou que a creación deste premio merecerá o agarimo eterno do seu pai. Manifestou que a instauración deste certame é «especialmente emocionante para a familia», polo que expresou a súa gratitude ao colectivo de xornalistas de Santiago por esta fermosa homenaxe.
A presentación acodiron, así meso, o escritor Baldomero Cores Trasmonte, membro da Asociación de Xornalistas de Santiago e antigo colaborador de medios como «La Noche» ou «El Correo Gallego», e tamén Benjamín Vázquez González. Ambos apuntaron que o obxectivo do premio e honrar a memoria e o labor xornalístico realizado por «Borobó» ao longo da súa vila. En palabras de Cores, con esta iniciativa ofréceselle «unha homenaxe viva e constante» a Raimundo, que por moito tempo foi tamén membro da súa asociación.
Como resultaba lócxico, a figura de Borobó, que finou en Santiago en 2003, estivo presente en todo momento. O seu fillo fíxose eco do exemplo que deixou o creador dos «Anacos» no xornalismo compostelán fundamentalmente durante a etapa na que dirixiu «La Noche» y «El Correo Gallego». Destacou que a meirande parte do labor do seu pai «estaba adicada a Galicia e a Santiago» e considera que este premio axudará a «perpetuar a súa memoria no ámbito xornalístico».
A primeira edición deste certame xa ten aberto o prazo de recepción dos artigos, que se prolongará ata o 10 de outubro. Poderán participar persoas maiores de idade de calquera nacionalidade, aínda que os traballos terán que que estar redactados en galego, de acordo coa normativa da Real Academia Galega. Terán que ser orixinais e inéditos. A temática é libre, aínda que no caso de empate, o fallo recaerá sobre o escrito que reflicta unha estreita vinculación entre Santiago e Galicia, ou ben trate sobre calquera aspecto compostelán. O gañador, ao que se considerará autor dunha «xoia digna de ser premiada co nome de Raimundo García Domínguez», recibirá 4.000 euros.
A entrega de premios terá lugar na segunda quincena de outubro, no marco da I Xornada de Xornalismo de Opinión, que se desenvolverá en Santiago e na que intervirán representantes de diversas vertentes da opinión periodística.

«Arousa, un mar de cultura». DIARIO DE AROUSA, 12/07/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.