Un libro de Xan Leira recolle as lembranzas e reflexións de Pousa Antelo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O intelectual galeguista Avelino Pousa Antelo (Arzón-A Baña, 1914) participará na presentación do libro na súa honra “Lembranzas e reflexións de Avelino Pousa Antelo” que terá lugar o próximo xoves, 23 de xullo, na Sala de Esposicións de Caixanova, na Estrada. A obra, realizada polo guionista Xan Leira pretende ser “un alegato entusiasta ao servizo do noso país, da nosa lingua e da nosa xente”,
Pousa Antelo, coñecido en Cesures pola seu labor duránte máis de trece anos (1970-1983) coma profesor no colexio Infesta (cando regresou a Galicia ao rematar a Guerra Civil) recibiu unha morea de condecoracións polo seu labor intelectual e pedagóxica e pola súa participación en varias fundacións a prol da lingua e do nacionalisma, entre as que destaca o posto de presidente da Fundación Castelao. Recentemento foi tamén nomeado presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüistica.
En Pontecesures, xa conta cunha rúa que leva o seu nome dende o ano 2003 (precisamente a que pasa por diante do Colexio), e outra en Compostela dende novembro de 2007. “Todas as homenaxes son a recompensa a unha vida de total fidelidade a un ideal e ás miñas actividades”, declarou el nalgunha ocasión.
No Grove ten casa dende hai décadas e pasa varios meses ao ano neste municipio costeiro, onde tamén se fixo coa Centola de Ouro. Ademais o goberno galego entregoulle en 2004 a Medalla Castelao e a USC condecorouno coa Insignia de Ouro.
Leira, autor desta crónica audiovisual, fixo un magnífico traballo mediante un percorrido pola súa vida e a súa obra, fortemente marcadas polo seu compromiso no eido do ensino, de cooperativismo e da transformación social, económica, cultural e política de Galicia.
O libro documental está ilustrado con multitude de fotografías e videos. Estas “lembranzas e reflexións” parten dunha entrevista feita ao intelectual hai algúns anos, ademais dun traballo de investigación que contou coa achega das persoas que o coñecen e que viviron con el.
Con 95 anos, a súa traxectoria vital percorreu grande parte da historia do século XX e a súa vitalidade actual convérteo nun dos máis importantes referentes galeguistas deste século.
O acto vai estar presidido por David Otero, Xan Leiro e o incansable Pousa Antelo, aínda en activo a través da súa participación en numerosos coloquios e pola súa labor coma xornalista escribindo artigos en numerosas publicacións sobre temas agrarios e cooperativos, ademais de temas políticos.
Cabe lembrar que Pousa Antelo tamén foi membro das Mocedades Galeguistas e loitou pola proclamación do Estatuto de Autonomía de 1936. Entre os seus precursores atopábanse persoeiros tan ilustres coma Castelao ou Alexandre Bóveda, impulsores da actividade política galeguista durante a represión franquista.
Estas e outras vivencias son contadas a través dunha emotiva crónica que, a modo de síntese, consegue provocar no espectaror unha grande admiración cara a ester histórico defensor da terra.
Mestre de mestres, o entrañable Pousa Antelo, sementou nos seus alumnos e alumnas (a partir dunha moderna pedagoxía moderna e progresista) a cultura do traballo manual e intelectual, o compromiso coa terra, a valoración do traballo rural, a investigación científica, a necesidade da autoorganización, o espírito cooperativista e o compromiso social e político para a transformación da sociedade.
“Galeguista de por vida”, Pousa Antelo é un paradigma na defensa e na divlugación das ideas do galeguismo transformador e progresista de Daniel Castelao, Alexandre Bóveda e Ánxel Casal, ideario ético cada vez mías necesario nestes tempos de globalizada aculturación e perda de identidade.

“Arousa, un mar de culturas”. DIARIO DE AROUSA, 19/07/09


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.