A secretaria do Concello de Pontecesures, ilesa en accidente de tráfico.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Esta mañá, na estrada que comunica a peaxe da AP-9 en Padrón coa saída á N-550, saiuse da vía o automóbil que guiaba a secretaria do Concello de Pontecesures, Trinidad Rodríguez Suárez, por mor das fortes choivas que tivemos nas útimas horas.
Aínda que o coche tivo danos importantes (chocou contra o valado lateral), afortunadamente a secretaria saiu ilesa do accidente.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.