Hospitalizan a un vecino de San Miguel que foi atacado por unha morea de nespras.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Un home, veciño da parroquia de San Miguel, no municipio de Valga, foi hospitalizado onte no Clínico de Santiago de Compostela despois de ser atacado por unha morea de nespras cando realizaba tarefas agrícolas. O ferido, de iniciais F.G.G. e uns sesenta anos de idade, atopábase desbrozando un terreo da súa propiedade no monte de San Miguel, cando o atacaron os insectos e lle picaron en diversas partes do corpo.
Deu a voz de alarma ao 112 e este servicio de emerxencias mobilizou a Protección Civil de Valga e a un helicóptero, que se encargou de trasladar a F.G.G. ata o hospital. O home estaba consciente, aínda que tiña moita dor a consecuencia das picaduras.

DIARIO DE AROUSA, 25/07/09


1 comentario

o.gcv · 26-07-2009 ás 23:42

AI DIOS MÍO, pódese saber quen foi a/o periodista que redactou esta noticia???? porque a información é bastante falsa. Eu estuven alí, e o señor é do Carballiño, ten cerca dos 80 años, e estaba desbrozando nunha leira que NON era propiedad de él, sinon duns conocidos, e as primeiras horas estuvo en críticos, según os médicos, foron cerca de 60 picaduras de avellas……. e o sábado á tardiña, xa lle deron a alta. PARA INFORMAR ERRONEAMENTE, é mellor estar quietiñ@ sin facer nada, ou informarse mellor.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.