A cúpula “Caixanova na rúa” está en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Esta cúpula con talleres de ciencia/maxia, experimentos, etc. foi instalada hoxe no adro da Iglesia Parroquial. Tamén estará mañá martes, día 11 de agosto.
O horario ámbolos dous días, é de 11:30 a 13:30 e de 18 a 21 horas.
O custo da instalación e do persoal da cúpula é afrontado por Caixanova en virtude do acordo asinado co Concello de Pontecesures. Este só corre coa vixilancia dos elementos.

Esta mañá foron bastantes os nenos/as que visitaron a cúpula. Principalmente asistiron aqueles que participan nas actividades dos “Concellos saudables” programa que se desenvolve en Catoira, Valga e Pontecesures.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.