Os antigos alumnos lembraron un ano máis a D. Feliciano e a D. José en Pontecesures.
Onte sábado, e por sexto ano consecutivo, os que foran alumnos na academia dos mestres Feliciano Touceda e José Fernández Carlés, reuníronse sobre ás 12:30 horas fronte ao edificio onde estivo instalado o local de ensino (R./ San Lois, 52) en cuxa fachada hai unha placa conmemorativa. A comitiva, acompañada polas gaitas do grupo folclórico cesureño Xarandera, dirixiuse á Capela do Pilar en San Xulián, onde oficiou unha misa o crego cesureño Pepe Bande, que tamén foi alumno da academia.
Logo da misa, houbo un xantar de confraternidade no Restaurante A Charca, onde os antigos alumnos (este ano asistiron 34) lembraron os seus anos mozos e as súas experiencias na academia.
0 comentarios