BALONCESTO: 2 DAS PROMESAS DA CANTEIRA CESURE?A FICHAN EN EQUIPOS DE LIGA GALEGA
Esta vindeira temporada 2009-10 que se acaba de iniciar oficialmente a principios de setembro truxo ó noso club a marcha de 2 das xóvenes promesas da canteira a equipos de liga galega. Falamos de José Carlos García, fichado en Rosalia de Santiago, e Raquel Diz, que xogará no Extrugasa Cortegada en Vilagarcía.
José Carlos Garcia levaba no club 7 dos seus 13 anos. Empezou na escola de baloncesto con 6 anos e esseguida destacou polo manexo de balón e tiro. ASí, un ano despois xa tivo ficha no equipo alevín, onde estaría 5 anos. O ano pasado, xa en edade infantil, destacou o suficiente para que os responsables da federación galega o preseleccionara para a selección infantil «pomesas», disputando un torneo en Lugo en decemnbro pasado. Tamén formou parte da seleccion arousana, sendo dos xogadores mais destacados, o que motivou que varios clubs dos importantes a nivel de traballo de base preguntasen por él. Finalmente escolleu ó Rosalia de Santiago para xoga rpolos campionato galego. Esta pasada fin de semana debutou o seu equipo, encaixando unha derrota clara ante outros dos favoritos da competición o Marín Peixegalego.
Raquel Diz empezou mais tarde no basket, en concreto hai 2 temporadas xa como alevín de ultimo ano. Dende o principio destacou pola súa fortaleza e visión do xogo, contribuindo a que as rapazas alevíns foran subcampionas nesa temporada.
A temporada pasada, xa como infantil, destacou, o que fixo que fose seleccionada por Arousa, para formar parte da selección infantil. Na competición de clubs, seu equipo quedou 3º na liga e subcampion de copa.
Debutou en partido oficial onte contra o Arxil, gañando na prorroga por 1 punto: 48 -47.
Ambos teñen agora oportunidade de pelexar por entrar na fase final da liga galega 2009-10, en equipos que presumiblemente van a ser dos mellores de Galicia.
Sorte a ambos e desexarvos moitos mais éxitos.
0 comentarios