BALONCESTO: NOVA XORNADA PARA AS INFANTIS NO GROVE, E OS XUVENÍS XOGAN UN AMISTOSO MA?Á SABADO
Logo da victoria sen contemplacións da pasada fin de semana (59 a 8), o noso equipo infantil feminino xoga este domingo no campo do Meco de O Grove, ás 17 h., en teoría un dos rivais para optar á 1ª praza que daría opcións de clasificarse para a liga galega. Non esquezamos que hai uns meses foron as grovenses as que lle gañaron a final copeira ó noso equipo.
Por outra banda, mañá sábado ás 12 da mañá, os mozos do noso equipo xunior van xogar no polideportivo de Pontecesures contra o Peleteiro de Santiago un partido amistoso, logo deste mes de adestramentos. Está previsto que a vindeira fin de semana se lle devolva a visita a este equipo, pensando en prepararse para o inicio do campionato zonal xunior, previsto a finais de outubro.
0 comentarios