A Oficina de Emprego de Vilagarcía cita a 116 persoas coma preseleccionados para o obradoiro de emprego.
Estes día están a chegar os escritos aos interesados para que se presenten o venres día 20 no Centro Social de Pontecesures para cumplimentar o cuestionario e entregar a documentación requirida nos escritos.
Saliéntase que dos 173 inscritos na Casa do Concello, máis uns cuantos que o fixeron directamente na oficina de emprego de Vilagarcía, preseleccionaron a 116.
Como xurden dúbidas en canto a esta primeira preselección e a posterior selección, infórmase que hai unhas bases que regulan estes temas, asinadas en virtude do disposto pola Orde de 30 de decembro de 2008 (DOG do 14 de xaneiro de 2009) da Consellería de Traballo.
Os requistos mínimos son os seguintes:
1.Estar desempregado, para o cal hai que estar inscrito no Servizo de Emprego Público de Galicia, carecendo dunha ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego.
2.Ter 25 ou máis anos.
3.Cumprir cos requistios da normativa reguladora do contrato para a formación durante toda a duración do proxecto.
4.Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida a normal aprendizaxe.
5.Terase en conta a adaptabilidade á oferta dos postos.
Requisitos preferentes:
-Persoas menores de 30 anos.
-Mulleres.
-Mulleres vítimas da violencia.
-Parados de longa duración.
-Maiores de 45 anos.
-Persoas con discapacidade aptos para os traballos do obradoiro.
-A non participación noutros obradoiros de emprego ou escolas obradoiros.
-Colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social.
-Idoneidad para o posto de traballo segundo resulte da análise da súa vida laboral.
Terán prioridade absoluta as mulleres vítimas da violencia doméstica.
Causas de exclusión:
1.Incumprir os requisitos mínimos.
2.Falsear os datos do cuestionario.
3.Falta de documentación acreditativa.
4.Posuir unha titulación universitaria.
5.A expulsión doutro obradoiro, escola obradoiro ou casa de oficios.
Os parámetros para realizar a sondaxe (de onde saen os 116 aspirantes preseleccionados) son os seguintes:
a) Ámbito xeográfico. Só senón se atopan candidatos suficientes (tres por posto) cunha titulación ata FPII (agás nas especialidades previstas para o obradoiro de emprego) inclusive no Concello de Pontecesures, se amplía a sondaxe ata os concellos próximos.
b)Requisitos mínimos:
-Estar desempregado inscrito no Servizo Público de Emprego.
-Ter 25 anos ou máis.
-Cumprir os requisitos para asinar un contrato para a formación durante toda a duración do obradoiro.
-Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida a normal aprendizaxe.
c)Número de candidatos a remitir: ata 3 por posto con nivel profesional de peón ou oficial de 3ª
Nivel académico:
-Fontaneria Solar-Térmica: mínimo Graduado Escolar ou equivalente.
-Albanelería e Traballo Forestal: mínimo certificado de estudos ou equivalente.
Logo do cuestionario do día 20 de novembro, o día 10 de decembro será publicada no concello a lista de candidatos. (os que se pasan, digamos, dos 116).
O sistema de selección para elixir os 33 alumnos traballadores definitivos constará dunha primeira fase de valoración dos méritos alegados poolos aspirantes. A devandita valoración complementarase cunha entrevista personal co obxecto de avaliar o interese dos desempregados para participar no proxecto e as súas aptitudes e capacidades, tanto as de carácter xeral como as relativas á súa adecuación ás singularidades de proxecto formativo e a adaptabilidade dos postos que se van desempeñar.
Trala valoración dos méritos, pasarán á entrevista dous candidatos por posto (o sexa 66). Porén, o grupo de traballo mixto poderá incrementar o seu número coa fin de garantir a correcta selección dos participantes.
Rematadas as actividades selectivas publicarase a selección final levantándose a correspondente acta.
Por outra banda infórmase que os componestes do grupo de traballo mixto responsable da selección son os seguintes.
Por parte da Consellería de Taballo:
-Nieves del Río Otero.
-Almudena Calvo Domingo.
Por parte do Concello de Pontecesures:
-Consuelo Ordóñez Martínez
-José Francisco Rodríguez Fructuoso
14 comentarios
estudiante · 16-11-2009 a las 19:23
uy, uy, uy cantas explicacións redundantes da este homiño, se conoce que non ten a concencia tranquila.
Randulfo non da tantas explicacións polos bares. Dille á xente que vai entrar e xa está. E sejuro que aquí si que cumple, coma ti.
Luis Angel Sabariz Rolán · 16-11-2009 a las 20:25
Home, «estudiante», trasladei o que din as bases que están no concello. Xa dixen que eu son alleo ao proceso selectivo. O meu compromiso é infomar, e a xente demanda información.
Como membro ou seguidor do BNG que es (hai que lembrar que usas tamén o alcume «bngpontecesures»), interésache sementar dúbidas, introducir sospeitas, e crear confusións. Conmigo neste tema, petas contra unha rocha. ¿A miña conciencia?: tranqulísima. ¿Promesas?: A ninguén.
Os tempos das seleccións de persoal co anterior alcalde están afortunadamente superadas. Xa non hai ese tipo de escándalos. Foi un dos meus compromisos diante da veciñanza. E estou a cumprilo.
Confianza no grupo de selección, e sorte a todos.
KELLY · 17-11-2009 a las 16:02
eu creo que sr sabariz ten razon, primeiro a ver si algunha irregularidad hay que denuncialo e mentras os comentarios sobran
pandorcas · 17-11-2009 a las 18:08
Non sei como podes falar de lealdade e de conciencia tranquila.
Penso que tiñas que repasar o Catecismo e ler aquilo que dicia Hai dous tipos de conciencia: conciencia escrupulosa e CONCIENCIA LASA e dicir que todo me resbala.
Luis Angel Sabariz Rolán · 17-11-2009 a las 18:47
Penso que lle estades a dar voltas, «pandorcas», anunciando que todo vai estar manipulado. Reitero que confío no grupo de selección, que ten todo o meu apoio, e que non teño nada que ver coa elección da xente do obradoiro. Por iso teño a conciencia moi tranquila. Dame igual dos tipos de conciencia que fales. Non sei a que veñen esas discusións filosóficas.
Que che quede claro, «pandorcas». A nin nunca me esbarou o que pasa no concello. Se así fose estaría fóra da concellería hai moito tempo. Parece que todo o que fago molesta: Se me preocupo polas cousas, son un obsesionado e un protagonista, se confío nun tribunal de selección quedándome á marxe dos procesos selectivos, paso de todo. Se estou nun sitio, porque estou; senón estou, porque non estou. Se dou novas neste medio, porque as dou, que esta páxina e a de Sabariz, pero a consulta todo o mundo, etc…
Conclusión: Hai persoas que, faga o que faga, tratan de confundir intencionadamente manipulando á opinión pública e largando que son unha mala persona, que busco o meu interese persoal, que os políticos somos todos iguais, e outras cantinelas.
Pero é o de sempre, o tempo pasa e nin aparecen os intereses persoais, nin aquelo de que estou comprado, nin asuntos de corrupción, etc…Iso fastidia porque a xente dase conta que o globo está completamente pinchado. Mensaxe esgotado, «pandorcas».
Tiroliro II · 17-11-2009 a las 22:31
Ben Sabariz con forza, andan jodidos no bloque por dar o obradoiro, que vai prometer angueira para as proximas? arolas, e xurxo gasoil? purreliña, xa o sustituiron por cecilia a da cocha para poñer orden e quitar os elementos tocados e trapicheiros, hai que limpiar a casa que cheira a farume, cecilia abre as portas que entre o aire e cambia os muebles, teñen merda hasta o forro, ti pa diante que os que estan levan moito tempo de baixa
Moixo · 18-11-2009 a las 19:20
Que hai peña. Permitideme que me explaie un pouquiño. O tema é o seguinte:
Vos supoñedevos que un frío martes pola mañá vos levantades, tomades o voso tazón de leite con colacao (ou nesquik, nesta suposición é bastante indiferente) e, como estades no paro pois vedes como pasa a mañá pola fiestra. O carteiro, como vives na zona alta da aldea, pasa pola túa casa a deixar ó correo sobre o mediodía e atopaste cunha carta certificada do INEM ou da Seguridade Social, non estou moi seguro de que poñía no sobre, pero bueno, o tema é que che chega a carta de marras. Atopaste con dous folios, o primeiro deles unha carta na que se che cita no centro social o venres pola mañá, advertindote claramente que tes que levar unha documentación determinada (que se indica no segundo folio), ou serás directamente excluido das probas de selección. Colles o segundo folio (todo sexa dito, marabillosamente escrito en comic sans, formato no que tamén chegou a carta avisando da existencia do obradoiro de traballo) e atopaste que che piden:
-Dúas fotocopias do DNI (non hai fallo, teño DNI e están ahí o lado tanto a de Palermo como a de Cativos, e xa sei que non debería dicir empresas pero non sei en que máis sitios da aldea pode un facer fotocopias).
-Fotocopia do título que acredite os teus estudios (non hai fallo, teño estudios e teño un título que como tiven que pagar por el haberalle que dar uso. Por outra parte a de Palermo e a de Cativos seguen no mismo sitio).
-Acreditación de invalidez, no caso de que así fora (afortunadamente non é o caso, pero fixome pensar que tal vez a carta era estandar para todolos candidatos)
-Unha vida laboral actualizada (aquí é onde esta o fallo).
Supoñamos que nese momento eu carecía do que ven sendo unha vida laboral. Vida laboral ter tiven, porque de vendimar e poñer as patacas non houbo quen me librara, e de feito ata tiven algún traballo remunerado no sector da hostelería e si me apuras ata do artisteo. Curiosamente nos 11 anos que levo facendo «extras» que lle chaman, pois coticei en menos ocasións que as veces que asistín a cenas de empresa (dende aquí quero pedír un aplauso ós patronos do gremio polo ben que nos tratan). A última vez que coticei corría o feliz ano 2002 polo que conseguir unha vida laboral actualizada era cuestión de personarse na seguridade social e contarlles a miña vida, para que eles me contaran tamén a miña vida. Como era xa mediodía e as patacas estaban listas (e a oficina pechada) houbo que esperar ó mercores para personarse alí e solicitar o documento que nos atañe. Como estou concienciado co tema do cambio climatico (de feito para reducir o consumo de papel que leva á tala de arboles en brasil eu fumo en pipa) pois decidín ir en tren. Na estación había caras coñecidas coas que comentei esta suposta situación miña (recordemos que é suposto todo). Eles curiosamente tamén se atopaban no mesmo caso. Cando cheguei alí dixeronme que a vida laboral solicitase por telefono ou a través de internet e que cha remiten nunha semana máis ou menos. Pero claro, si e menos se cadra teño suerte. Si é maior ou igual pois eso, que gracias por participar. Comenteillo é dixome que no podía facer nada por axilizar o tramite, posto que a vida laboral enviana dende a cápital (Madrid, para os que non sexades de aquí). Sen embargo surxiu unha nova opción, obter un certificado dixital para descargala directamente dende a web da seguridade social. volvín a casa e mirei de conectarme para seguir o tramite (é o que ten estar no paro, que ten un tempo para todo). Resulta que o certificado este de marras é para que cando te conectes a internete, as páxinas así oficiales e tal, pois reconoza que te chamas Moisés Barreiro Castro (no meu caso claro), numeritos tipo DNI, telefono, dirección, que si son un tipo marabilloso, etc. O procedemento para conseguir o certificado dixital é o seguinte:
1) Fas dende a web a solicitude. A web devolveche un código de nove números.
2) Vaste outra vez a villagarcía (e despóis querennos quitar o tren, coa vidilla que lle dou eu…) e alí co codigo ese e mailo DNI recoñecen quen es, e que si que che poden dar o certificado.
3) Esperas 24 horas e xa o podes descargar dende a web, coa extraña condición que o fagas dende o mesmo ordenador dende o que solicitaches o código (cousa que, por outra parte, descubrín fai uns minutos).
Pois moi ben, eu como son obediente pedín o codigo, volvín para alí e anda coño, máis peña de Cesures acordandose de todos aqueles funcionarios que non tiveron a ben (tendo en conta que era unha carta estandar e que os requisitos eran de sobra coñecidos dende un primeiro momento) informar con anterioridade de que requisitos se pedirían en caso de seren seleccionados pola oficina de emprego. Alí atendeume un señor calvo e non moi simpático (o que ven sendo un funcionario como Dios manda) pero eso sí, eficiente (o que me fixo desconfiar, seguramente sexa un substituto). Pode ser que estivera queimado co tema do certificado, posto que diante miña había unha clase dun instituto de Vilaxoan que tiña como deberes conseguir o certificado de marras. O funcionario arregloumo todo, todo y todo, e ademáis nun momentiño. O problema e que tiña a impresora medio escarallada, e como tiña que imprimir uns papeles para que llos firmara pois deulle a cancelar, e empezamos de novo. Pero claro, a miña solicitude estaba xa cursada, polo que houbo que cursar unha nova (seica, eu destes temas burocráticos non sei nada). Dixome que fora a casa e solicitara un novo codigo. Cando me tocan as pelotas e fai frío inchanme bastante rápido, e hoxe facía frío, asique ían aflorando en min as ganas de matar (de feito agora mismo estou buscando unha escopeta en e-bay, ou no seu defecto unhas clásicas botas art, para pisar cabezas). Eu comenteille amablemente ó señor que ben podía solicitar o codigo alí e aforrabame un viaxe, o que el contestou, anda, pois tes razón. Craso erro. Como ben dixen antes o certificado hai que descargalo dende o ordenador que se solicita, e como o solicitou alí, maña terei que darme outro bo paseo ata alí a comentarlle ó fulano: «oes, deixasme o teu ordenador para descargar unha cousa e botar un solitario spider». Eu aposto a que me ha de mandar ó carallo (de feito eu faríao). Pero intentar intentareino, que ó parecer é o que me queda, dado que o homiño do concello que escribe con comic sans parece ser que non puido poñer un aviso coa documentación que se requiriría. Ahora mismo é que estou falando dende a mala ostia, pero que quede claro que non teño nada contra ninguén, simplemente jodeme que as cousas se fagan mal. Pero bueno, como xa teño o despertador posto ireime ata alí a tomar un rico cafe con croisant, lerei o marca e despois enfrentareime outra vez á burocracía. E a medida que pase o tempo irase incrementando a miña mala ostia, ainda que dudo bastante que chegue o nivel de hoxe. E ainda por riba seguro que non son capaz de arreglar nada… pero bueno, por hoxe xa me quedei máis a gusto. Vou ir tomar unha caña por ahí e se alguén capaz de haber lido todo esto me ve por ahí que me avise que o invito a tomar algo.
Pero bueno, como ben dixen, todo isto era unha suposición, que total a min está ó caer que me toque o euromillones, ou no seu defecto, a quiniela hípica. Que me vai facer falta traballar a min… Hala veña, saude!
pandorcas · 18-11-2009 a las 19:39
se non queres que a xente no faga comentarios sobre o que escribes fai a folla só de lectura e se non xa sabes ou deixas de escribir ou sofres as consecuencias, pois si ti eres sensible e delicado os demais tamén. Ademais con respeto podense dicir moitas couasas.
Moixo · 18-11-2009 a las 20:20
Pois mira ti por onde que me liei e realmente non comentei o que quería comentar. Resulta que cando estaba sufrindo esas tramitacións en Vilagarcía alguén chamou por telefono o funcionario que me atendía, e a conversa ía sobre a tramitación das vidas laborais da xente de Cesures. O funcionario dixo máis ou menos: «Co fácil que o tiñan no concello, simplemente tiñan que presentar un escrito solicitando todas as vidas laborais dos inscritos para o obradoiro e tramitabaselle». Que a min esto é o que realmente me indigna, se teñen acceso ós datos para que os piden? De feito eu recomendo encarecidamente o tema da falsificación dos datos, posto que ó parecer non van ser cotexados coas bases de datos da seguridade social. Pois eso, outro saudiño.
Ah si, bueno… por suposto encantame que a xente comente, con sensibilidade e delicadeza. Como se os lavaran con Norit vaia…
pontecesurex · 19-11-2009 a las 11:29
Joder «Moixo» o tempo libre mata a un jejeje… Moi bo este tocho enciclopédico que escribiches, fixechesme votar mais dunha sonrisa.
Cara de cona · 19-11-2009 a las 13:04
Colle ambientillo a seleccion……o randulfo prometendo…….a da escola con quere quedar atras….o Saba apartado pero vixilante…..a asistente social e fructuoso acojonados….menudo marron lle ven….a da cocha dandolle o pico decindo que vai a haber tongo……angueira? nin esta nin se lle espera….co do gasoil xa ten bastante….jo…jo…jo….
KELLY · 19-11-2009 a las 16:32
moixo chamaches o tecnico de emprego pola vida laboral para informate de si non estaba o dia, pois eu si, e tes que firmar unha autorización para que eles a soliciten. pois ala a informarse.
Moixo · 19-11-2009 a las 19:03
Recordo que o meu é todo un supuesto. Pero tamén é curioso que supuestamente pasei hoxe e non había ninguén dos implicados que me puidera informar. E bueno, se o meu caso fora real como mañá é o día D pois vería se antes de ir polo centro social me da tempo a pasarme polo concello a ver que me contan, pero por se acaso vou ir mallando photoshop para retocar a dun compañeiro que teño por aquí. Xa ves, a vida é dura.
Tiroliro II · 21-11-2009 a las 17:49
moita espectacion por coñecer os elexidos, escopetas cargadas para facer sangre do goberno, solo se escoita que as prazas tan dadas, o bloque ataca plas rúas que si a da escola e randulfe xa teñen todo repartido, e que sabariz non pinta nada, que mala ostia eso e chamarlle monas os traballadores do concello do tribunal, comedias veremos