Texto do escrito dirixido onte á Directora Xeral de Infraestruturas sobre a recollida de augas na rotonda da Charca.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sra. Dª Isabel Vila Barbosa
Directora Xeral de Infraestrutura

Perante o mes de xullo, este concelleiro expuso, en relación coa obra que está a executar a Xunta de Galicia na estrada autonómica PO-548, que era necesario recoller as augas no termo de Pontecesures que van para a rotonda que se está a construir na zona da Charca (límite de este concello co de Valga). Nos contestou Vde. que se ía colocar un tubo de 400 mm na cuneta da estrada e que estaba previsto construir unha cuneta pola glorieta para que funcionase como aliviadeiro en época de fortes choivas ata un tubo de 1 metro de diámetro que comparten Pontecesures e Valga.

Aínda que a zona está en obras xa percibimos que o tubo de 400 mm instalado é casi un xoguete, pois non recolle nin a cuarta parte das augas que permancen hoxe alí estancadas sen saída. A auga está a piques de ir para a estrada e para as casas da zona, provocando riscos graves na circulación e danos nas propiedades dos veciños.

Por outra banda o tubo previsto de 1 metro de diámetro para aliviadeiro, non leva nin o 10% da súa capacidade. O sexa, temos asolagamento na cuneta da estrada, mentres a 20 metros lineais hai un tubo totalmente infrautilizado.

? urxente solucionar este problema e canalizar xa as augas ata o tubo de 1 metro. Temos unha grande preocupación por este temos e os veciños están realmente molestos e asustados polo que pode suceder.

En consecuencia, solicítase que, mañá mesmo e como actuación de emerxencia, se encaucen as augas que hoxe non teñen saída, hacía o tubo de 1 metro abrindo unha gabia cunha pala. Asi mesmo, solicitamos que se corrixa, dunha vez por todas, esta grave deficiencia. Sería lamentable que se executase un investimento tan importante na estrada P0-548 sen solucionar esta recollida na glorieta da Charca, anegándose de auga a estrada e as casas da zona cada dous por tres.

Xúntase reportaxe fotográfico obtido no día de hoxe.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.