En Valga o Centro de Dinamización formou a 39 persoas durante o mes de outubro.
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, a través da aula de informática do Auditorio Municipal de Valga, formou durante o mes de outubro a un total de 39 persoas, que foron as que participaron nos sete obradoiros de novas tecnoloxías que se realizaron nese período e que tiveron unha duración global de 46 horas.
As actividades formativas que se realizaron no pasado mes estiveron relacionadas co manexo do rato e do teclado temática que centrou tres cursos, iniciación á informatica con outros tres obradoiros e aprender a crear e utilizar unha conta de correo electrónico. Ademais, quince persoas inscribíronse en outubro como novos usuarios da rede para poder acceder de xeito gratuito á súa aula aberta, que foi utilizada nun total de 332 ocasións.
DIARIO DE AROUSA, 18/11/09
0 comentarios