Non disporemos de comedor escolar.Nova baixada de pantalóns.
Esfúmase o comedor escolar. Se non se remedia Pontecesures non contará con comedor escolar para o vindeiro curso 2010-2011.
O BNG de Pontecesures constata que nos orzamentos da Xunta de Galicia non hai partida para levar a cabo esta infraestrutura. Non consignarse partida orzamentaria para o ano 2010 significa ademáis que probablemente tampouco contaremos co servizo de comedor escolar para o curso seguinte, o 2011-2012, feito que o BNG quere poñer en coñecemento dos veciños deste pobo.
Ante esta situación, ¿Qué fai o goberno local? Pois simplemente cala a boca e agacha a cabeza. Volve a calar igual que o fixo cando a Xunta do PP tirou abaixo o proxecto de remodelación da zona portuaria cun investimento de preto de catro millóns de euros, proxecto do que eles mesmos votaran a favor en pleno.
O BNG denuncia esta actitude do goberno do concello, covarde e cómplice. Covarde e cómplice porque a sabendas que o goberno da Xunta non consigna absolutamente nada para levar adiante esta infraestrutura tan necesaria e tantas veces demandada, cala a boca a fin de non importunar ao PP importándolle pouco ou nada se o servizo de comedor para os escolares e familias de Pontecesures non se leva a cabo
O tripartito coa alcaldesa á cabeza, é responsable no seu conxunto deste abandono e ven a demostrar que a promesa máis importante, por ser das actuacións máis necesarias, que levou a cabo o delegado da Xunta, o Sr, Cores Tourís durante a súa visita a este concello, caeu en saco roto. Dóuselle a entender á cidadanía de Pontecesures como a petición estrela e resultou ser, por ambos lados, mera e simple propaganda.
O BNG quere destacar tamén a actitude do tránsfuga Sabariz, que coa anterior Xunta de Galicia reivindicaba que se acometeran as actuacións necesarias para contar co servicio e agora, cómplice do PP, agacha a cabeza como o s demáis, non acordándose que él o só el é o culpable de que a anterior administración socialista non realizara a inversión para este fin por traizoar ccoa súa actitude de tránsfuga ao partido socialista, recoñecemento expreso que el mesmo ten feito nalgún consello escolar.
O BNG levou, nou seu día, ante o pleno municipal a inicativa para que se destinaran fondos do plan E para a construcción do comedor escolar, por ser prioritaria esta actuación, inicativa á que o goberno municipal non lle fixo caso, disculpándose con falta de competencia, e investindo os cartos noutras actuacións, que ao noso xuizo non eran tan urxentes.
Ante esta nova? baixada de pantalóns? do tripartito municipal, O BNG de Pontecesures, a través dos seus deputados no Parlamento de Galicia ven de presentar enmendas aos orzamentos para o ano 2010 a fin de que nos investimentos da consellaría de educación se consignen os fondos suficientes para que o comedor escolar sexa por fin una realidade para o vindeiro curso e esperando que o PP reconsidere a súa postura e atenda esta razonable e xusta petición.
0 comentarios