A Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón edita un video sobre a inauguración do monumento a Rosalía.
A Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón elixiu a Sociedade Cultural Padronesa para presentar onte un vídeo sobre a inauguración do monumento a Rosalía de Castro no Paseo do Espolón, celebrada o 23 de abril de 1957, xunto cun resumo doutros actos que tiveron lugar o domingo de Pascuilla dese ano. A cinta destaca, segundo din dende a propia Irmandade, polo «seu valor de documento histórico-gráfico», sobre a descuberta do monumento. Asimesmo, amosa máis de 70 fotografías de dito acontecemento. O vídeo ten tres partes diferenciadas. Por un lado, o acto de lectura do pregón, a cargo de Aquilino Iglesias Alvariño; a elección da raíña das festas, Maruxa Sanmartín Pérez e a actuación da recitadora compostelá Pilar Pereira.
A presenza de Otero Pedrayo
En segundo lugar, recolle os actos do día 23 de abril, nos que estiveron presentes, entre outros, Ramón Otero Pedraio, o arcebispo de Santiago, o alcalde de Padrón Ramón Pazos Jiménez e, como representante dos padroneses do Uruguai -que foron os que pagaron o monumento- o médico José Sebe. Por último, o documento recolle a visita a Padrón de Gala, a filla de Rosalía, para coñecer o monumento. Ao acto de onte asistiron, entre outras persoas, algunhas das que estaban na comisión organizadora das festas de Pascua de 1957. Todos os asistentes recibiron unha copia do vídeo, que a Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón tamén entregou aos homenaxeados nesta última edición da Pascua.
LA VOZ DE GALICIA, 01/12/09
0 comentarios