O Benjamín Ramos cede os primeiros puntos na Liga de Futbito de Valga, pero mantén o liderato.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O JLL/Benjamín Ramos empatou a uns co A Redonda na quinta xornada da Liga de Fútbol 7 de Valga, cedendo os seus dous primeiros puntos. O problema para o segundo clasificado, o A Cacharela/Karymo P, é que non puido recortar distancias porque tampouco pasou do empate; no seu caso fronte o Transportes Veiga / Bar O Belén.
Outros resultados:
Desigual 3-A Casa Vella 1, Cafetería Sol e Mar 2-Elite Electricidad 1, A Redonda 1-JL /Benjamín Ramos 1 e A Palmeira 2-Joyería Riveiro 0. Clasificación: JLL/Benjamín Ramos, 13 puntos; A Cacharela/Karymo, 11; A Palmeira e Bar Muelle, 10; Cafetería Sol e Mar, 7; Transportes Veiga / Bar O Belén e Elite Electricidad, 6; A Redonda, 5; Joyería Riveiro e Desigual, 4; Extrugasa e Valdeza/Bar Juan, 3, e A Casa Vella, 1 punto.
Vázquez Taibo lidera a clasificación de goleadores con oito tantos.

LA VOZ DE GALICIA, 17/12/09


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.