Adeus a Sánchez Agustino.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

POR MASITO BEIR? TESOREIRO DA RUTA MAR DE AROUSA-ULLA.

O mundo xacobeo está de loito, foise unha das persoas que máis se preocupou de exteriorizar e dar a coñecer unha das vías máis emblemáticas do Camiño, dicía el «a máis importante», cal era a do mar. Foi na Toxa, no ano 1963, cando presentou a idea que tanta repercusión alcanzou, a Traslatio desde Jaffra a Iria Flavia dos restos do Apóstolo serían o alfa do que é a actual Fundación da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, na que 22 concellos son membros.

? longo da súa vida ás súas preocupacións foron a familia, o seu traballo e a Fundación. Precisamente faleceu na súa casa horas despois de estar reunido cos membros da executiva, Antonio González Millán, e o que suscribe, os que tamén fomos testigos da conversación telefónica mantida co xerente do Xacobeo, Ignacio Santos.

Foi un home dinamizador da vida cultural compostelana nos tempos na Aula de Cultura de Caixa Galicia, e antes o fora en Vilagarcía, no Club de Vela.

Vaia a miña humilde homenaxe a unha persoa coa que compartín moitas vivenzas e do que aprendín moito no cotián acontecer da vida. Engrandeceu a Ruta coa organización dos remontes anuais por mar e río, as xornadas xacobeas, premios de fotografía e investigación e as viaxes institucionais realizadas por España, Francia, Italia e Portugal. A Ruta queda sen o seu capitán. Que o Apóstolo o acompañe na súa singladura.

EL CORREO GALLEGO, 19/01/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.