O actor Gonzalo Uriarte gaña o noveno premio padronés de teatro Maruxa Villanueva.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O centro social de Padrón acolleu onte a reunión do xurado do IX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva, que nesta edición recaeu no actor Gonzalo M. Uriarte pola súa «traxectoria cunha carreira interpretativa brillante e polo traballo realizado na obra Afterplay da compañía de teatro do Atlántico», segundo consta na acta do fallo. Gonzalo Uriarte amosouse moi agradecido polo premio, sobre o que dixo que «é unha grande honra para min». Tamén deu as grazas ao xurado e ao Concello de Padrón, que convoca o certame.
O xurado desta edición estivo presidido polo concelleiro de Cultura de Padrón, Eloi Rodríguez, e como vocais estiveron Inma López Silva, especialista en teatro; Carlos C. Biscainho Fernández, actor e profesor da Universidade de A Coruña; Roberto Pascual Rodríguez, especialista en teatro e profesor da Escola Superior de Arte Dramático; Alfonso Becerra, director de teatro; Antonio Fernández, representante do Partido Popular de Padrón; Manuel García Pereira, do grupo socialista e Xoán Santaló, do nacionalista. Como secretaria actuou Mª Cruz Taboada, animadora social do Concello de Padrón.
A elección de Gonzalo Uriarte foi por unanimidade. O acto de entrega aínda non ten data e o actor premiado percibirá 1.200 euros, ademais dunha estatuíña en bronce co busto de Maruxa Villanueva.

LA VOZ DE GALICIA, 05/02/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.