Conmoción en Pontecesures polo falecemento de Francisco Javier López Iglesias.
Este veciño de Pontecesures, de 38 anos, nado en Cordeiro, faleceu onte en accidente de tráfico en O Pino (A Coruña). Estaba casado coa cesureña Alicia Soto (tiñan un neno de pouco máis de dous meses), estaba domiciliado na rúa Carlés nº 5, 3º C de Pontecesures, e traballaba en Grúas Estación.
Arestora estanlle a facer a autopsia ao cadáver, esperándose que a mediodía sexa trasladado ao tanatorio Iria Flavia de Padrón, onde terá lugar o velorio.
Mañá, día 10 de marzo, celebrarase, ás 17:00 horas, a misa funeral na Iglesia Parroquial de Pontecesures, e despois o cadáver será incinerado.
Descanse en paz.
0 comentarios