David Amor, que forma parte do programa «El club del chiste» estará hoxe no pub Estación Norte.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ata hai unha seman David Amor era un tipo grande e simpático, máis ou menos coñecido en Galicia polas súas aparicións no «Supermartes» ou «O rei da comedia» e polas súas contadas en garitos de todo tipo. Pero o conto cambiou cando foi escollido no cásting de Antena 3 «El club del chiste». Agora asómase cada día ante tres millóns de espectadores.

Cambioulle moito a vida?
Sí, para empezar porque teño que vivir en Madrid. ? tamén tiven que cambiar o meu idioma cotiá porque aquí o galego fálano faltal. Non teñen acento, usan tempos compostos…Fatal!

E como se sinte un tipo de aldea nunha cidade como Madrid?
Na cidade, polo de agora, pouco vida fago porque traballamos dende a mañá ata a noite. E os fins de semana marcho todos para Galicia.

Saíulle moito traballo?
Saíume traballo. Pero tamén sáeme moita morriña.

? moi distinto o xeito de traballar nunha canle autonómica a, por exemplo, en Antena 3?
Non vaias pensar…De feito hai moitos galegos por aquí. E eu penso que so collen porque a dinámica de traballo é case a mesma.

Como leva esta repentina fama?
Moi ben, con moita calma. supoño que os que son moi famosos estarán fartos de aturar xente pola rúa, pero a mín agrádame que se acheguen a mín porque ata o de agora sempre foi para dicirme que lles gustou o meu traballo.

E estase a converter tamén nun sex simbol…
(Ríese). Bo iso son cousas da tele. De repente tes un personaxe aí e véndenche coma iso. Pero eu sigo sendo igual de guapo ou de feo que era antes.

Pero ligará máis agora?
Achégase a ti máis xente. Pero ligar…a verdade que aínda non tiven tempo para disfrutar desa parte.

A escola de cómicos galegos e máis de contos que de chistes. Como se sinte nese xénero?
Adáptome como a calquera outro. Trátase sinxelamente de actuar. Danche un guión e ti interprétalo. Sen máis problema. De todos os xeitos, por suposto que seguirei coas contadas nos bares porque é onde disfruto realmente.

Ten oportunidade de participar na elección dos chistes que ten que contar ou é todo guión?
O ritmo de gravación dun programa diario é moi alto así que a maior parte son propostas dos guionistas. O que sí temos é a capacidade de propoñer nós algún ou de decidir non contar un chiste se non nos gusta.

Resultoulle complicado ter que cambiar de idioma?
Cos chistes non demasiado. Eu falaba os dous idiomas sen ningún tipo de problema. Onde si me resulta máis difícil é nas contadas. Precisamente o xoves (por onte) estréome como monologuista nun local de Madrid e, claro, teño que facelo en castelán. Pero bo, así tamén me sirve para actuar despois na Coruña (Ríese).

Fáleme un pouco de «No censure», o espectáculo que presenta en Pontecesures.
Falo un pouco, en clave, de humor moi galego, do que que foi a miña vida e de como estivo condicionada polo entorno no que crecín, alá na aldea de Ferreirós, preto de Lalín, á que eu chamo «parrilla d’Or, ciudad de chuletones».

Entrevista en «Arousa Fin de Semana»
LA VOZ DE GALICIA, 12/03/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.