Vólvense a lucir

Publicado por bngpontecesures o

Relegan a festa da lamprea do Ulla a despois da tempada de extración por decisión da empresa de Vigo Eventos del Motor

O BNG de Pontecesures quere manifestar a súa oposición as datas elixidas polo goberno municipal para a celebración da Festa da Lamprea os vindeiros 17 e 18 de abril.

Ao noso entender estas datas son un auténtico despropósito xa que a data tope de captura de lamprea no río Ulla é o 15 de abril. Preguntámonos pois de donde van vir as lampreas e que sentido ten promocionar un producto despois do peche da temporada de pesca do mesmo. Está claro que este desgoberno da Alcaldesa Maribel Castro pretende comprar a lamprea aos mesmos intermediarios de sempre recaendo o beneficio nos seus apoios electorais, perxudicando e non apoiando ao colectivo de valeiros que capturan a lamprea no Ulla.

Por outra banda, a Festa da Lamprea faise coincidir no calendario ca Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión; esa feira que inventou o desgoberno municipal para perxudicar á Fegaclassic promovida por xente do pobo. Esto obviamente deixa nun segundo plano a Festa da Lamprea quedando marxinada e supeditada á celebración de outro evento.

O BNG ten coñecemento de que a data elixida foi imposta pola empresa Eventos del Motor (de Vigo) ,que é quen organiza a Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión, quedando unha vez máis o desgoberno municipal e a Alcaldesa como auténticos incompetentes que deixan o promoción turística do noso pobo en mans dunha empresa privada que so busca o beneficio propio.

Pontecesures a 17 de marzo de 2010
Grupo Municipal do BNG de Pontecesures


2 comentarios

vladimir o pequeno · 18-03-2010 ás 23:05

E claro, o: be ene gue (BNG) que é tan “patriota” sae con esta noticia en todolos putos medios de prensa que hai, pra foder non só “ó desgoberno de maribel” senon tamén ó desgraciado pobo. Angueira “estás fuchicado tío” … ¡opérate! … Alvarez, dis: “ós mesmos intermediarios de sempre”.. é dicir aos que tí tamén lle comprabas logo? Na intención do BNG está desacreditar ó goberno de Maribel, por un lado paréceme ben, pero por outro NON, porque desacreditas ao POBO, e éste está por riba de todo, VAITE PRA RIANXO ¡ hostia!, apresenta alí unha candidatura, andas coma unha denosiña no NAUTICO, ¿que pretendes? escomenzar a campaña electoral de 2011 sementando nos rapaces que van entrenar…?

Tiroliro II · 20-03-2010 ás 18:06

Sigue o bloque emperrado no dos coches defendendo a asociacion dos dentes, non hai nada que facer agora, como non ganen as eleccions os do bng…

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.