Cea para celebrar o San Xosé en Carreiras.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Na “Casa de Serrana” de Carreiras, que foi rehabilitada por Salvador o da tenda, haberá hoxe unha cea para unhas 20 persoas do lugar que van celebrar a festividade do día.
O menú da cena é exquisito: xabaril e lamprea.
Será o cociñeiro Rodri Rodriguez Castrelo, asistido por Manuel Lafuente Otero. A lamprea será preparada por Laura, cociñeira de Casa José en Valga.
Aos postres haberá festa por todo o alto coa actuación do veterán acordeonista da Toxa, Jaime Moreiras Buceta. Todo indica que a festa vai rematar a altas horas da madrugada.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.