Mañá, 24 de marzo, estará cortado un carril da Nacional N-550 en Pontecesures.
Telefónica de España solicitou a Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra, autorización para proceder a un corte do carril da N-550 ao seu paso por Pontecesures para realizar traballos de colocación de rexistros e cableado o próximo 24 de marzo, entre ás 8:30 e as 20:00 horas. A zona é na rúa José Novo Núñez, preto da ponte interprovincial, e o carril e o dereito, dirección A Coruña-Vigo. Dita empresa informou previamente á empresa Néstlé, principal afectada no corte do carril pois afecta ao acceso ao vial portuario de Pontecesures.
A Xefatura de Tráfico, concedeu autorización e será a empresa a que debe sinalar axeitadamente ditos cortes e regular os pasos alternativos con persoal de dita empresa.
Unha patrulla de motoristas do Destacamento da Garda Civil de Tráfico supervisará a correcta sinalización dos puntos de corte.
O Concello de Pontecesures, a través da Policía Local, tamén esta informado da circunstancia xa que e moi posible que se produzan atascos nas horas puntos, ante a gran cantidade de vehículos que diariamente circulan pola estrada nacional.
0 comentarios