“O vestiario témolo do ano pasado e compramos catro armas de época”

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Lagos leva ensaiando a batalla varios días xunto con medio cento de veciños.

José Lagos Coordinador das alarmas de Casal de Eirigo

Na capela da Saúde, en Valga, van recrear por segundo ano consecutivo a batalla de Casal de Eirigo, lembrando o levantamento dos veciños contra as tropas francesas que se produciu en abril de 1809. Con motivo do bicentenario, o ano pasado, organizáronse unha serie de actos, e este ano repítese o programa. Así pois, os veciños vanse volver vestir de época esta fin de semana, imitando aquelas tropas de civís que foron quen de botar aos franceses. José Lagos está á fronte destas alarmas, pendente de que ninguén perda o paso.
-¿Como están indo os ensaios?
-Empezamos a finais de marzo e reunímonos unha vez por semana. Aprendemos a desfilar, a subir as bandeiras a poñer en posición as armas…, pero, máis ou menos, a xente xa sabe o que hai que facer do ano pasado.
-Xa terán moito adiantado ¿hai algunha novidade?
-O vestiario témolo do ano pasado e este ano compramos catro armas de época. O resto vai ser máis ou menos igual.
-Estas conmemoracións serven, polo menos, para que os valgueses coñezan a súa historia ¿que lle parece a iniciativa?
-Moi ben. A xente que non coñece a súa historia non é nada.
-¿Vai haber batalla no 2011?
-Mentres sigamos tendo a colaboración do Concello, nós imos seguir aí. Sen o Concello non poderiamos levar isto adiante, e tamén quero agradecer a colaboración dos veciños.

LA VOZ DE GALICIA, 23/04/10


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.