¿A quen lle interesa que morra a língua?.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Un pobo orgulloso do seu é un pobo feliz; un pobo que dubida das súas raíces, da súa cultura, da súa lingua, é un pobo condenado ó fracaso. De neno moitas veces escoitei estas frases dos ancestros, e sempre quedarán na miña memoria. ? triste ter que lembrar todos os anos cando chega esta data, a celebración do Día das Letras Galegas, eses sabios consellos dos vellos, que lembrei tras ler un artigo no que se falaba do hábito de falar galego nos hogares do noso país. Segundo a estadística, o galego é a fala habitual, fóra da casa, de poco máis do 30 por centos dos cidadáns deste país, unha porcentaxe que de portas para dentro, na casa, supera, incluso, o 51 por cento, segundo esa estatística, que di que máis da metade dos pais lles falan ós nenos en galego na casa, inda que fóra é o castelan o que domina, tanto entre as familias, como nos centros de traballo, as escolas e os lugares de ocio. Se ben é certo que o estudo se refería ás grandes cidades e localidades urbanas de Galicia, inda que no rural segue a predominar o uso da nosa lingua, cada vez son máis os mozos do rural que usan o castelán para desenvolverse na súa vida cotidía. E se a estatística non só se mira pola fala, senón polo galego escrito, é aínda máis penoso. Triste pero certo, unha lingua como a galega, con máis séculos de historia ca outras das grandes e dominadoras falas do mundo estase a perder sen que ninguén pareza querer impedilo, con decretos que a condenan a seguir morrendo. Por iso lle agradezo ó voso semanario que me permita renderlle a miña particular homenaxe á miña lingua cuns versos de Celso. «Lingua proletaria do meu pobo. Eu fáloa porque sí, porque me peta e me sai de dentro … Falar a fala nai, a fala dos avós que temos mortos ..»

U. Viqueira (Cesures)
TIERRAS DE SANTIAGO, 18/05/10

Categorías: Opinión

2 comentarios

manolo o do bombo · 19-05-2010 a las 12:05

VIVA O GALEGO…….

O AMANTE BILINJUE · 19-05-2010 a las 18:27

E A GALEGA……

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.