Como converter unha espiga nunha empanada.
Moitos xa o tiñan visto as súas casas, porque en Valga aínda quedan moitas avoas debullando as mazarocas e amsando o pan, pero para algún dos escolares do colexio Ferro Couselo de Cordeiro a do pasado venres foi toda unha experiencia.
Coa colleita de millo que rapaces e vellos plantaron o ano pasado na finca de Loncras, un grupo de maiores da asociación Axentiva ensinoulles aos cativos a debullar a man, igual que sefacía antes, sen máquinas nin outras tecnoloxías. Non faltou a vella técnica de raspar cun carozo para que o gran caira na peneira. Cos carozos fixeron ata castelos.
A segunda parte la clase maxistral foi como amasar e cocer para acadar uns riquísimos manxares. coa fariña milla, una pouca de centeo e un chisco de fermento, as mulleres amasaron nunha auténtica artesa das que case non se ven. Tralo obrigado repouso, as pezas de pan foron a un forno de leña xa peparado coa temperatura axeitada, mentres outro grupo elaborou empanadas de xoubas.
Non quedou nin proba, xaque tanto escolares como mestres e maiores, así como os técnicos do concello que promoveron esta actividade, aseguraron que todo estaba boísimo.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 09/06/10
0 comentarios