Aqueles tolos cacharros estaban en Pontecesures.
A onde ían aqueles chalados nos seus tolos cacharros?. Parafraseando a comedia americana de 1965, debían ir a Pontecesures. Se aquel filme estaba ambientado en q910, desa época tamén son algunhas das xoias do motor que durante a pasada fin de semana se poideron admirar no transcuros de Fegaclasic que chegou á súa cuarta edición. O colectivo organizador Mirándolle os Dentes, xa confirmou que continuará en 2011.
Foron máis de 200 coches, 150 motocicletas e uns 30 vehículos agrícolas os que estiveron expostos durante o sábado e o dominog. Tamén houbo bicicletas, coches fúnebres, máquinas a vapor do século XX, camións de bombeiros e autobuses de tempos pretéritos. Unha das pezas máis fotografiadas foi unha Harley Davidson con sidecar.
A programación incluía unha exposicón sobre o galego Eduardo Barreiros. Unha concentración de vehículos clásicos, amenizada polo gurpo Xarandeira, animou o domingo, día no que tamén se realizou unha ofrenda floral no monumento que lembra as feiras do automóbil.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 30/06/10
0 comentarios