Os Concellos de Valga, Rois e Pontecesures premian no seu entroido a tradición das Patifas e os Valeiros do Ulla.
A comparsa “Patifas, Valeiras, Valeiros e Criaturas do Ulla“ organizada pola Asoc. A Estornela e Valeira Pontecesures resultou premiada neste entroido na súa categoría, no Concello de Rois, onde acadou o segundo premio, e o Ler máis
10 comentarios
estudiante · 3-07-2010 ás 11:44
Así se tiran cos cartos públicos.
¿Que custo tivo esta actuación para o erario público?
Independenetemente do custo, é obriga dos jobernantes deste concello, darlle a máxima publicidade a este tipo de actos, entre outras, para non facer o ridículo.
A foto é do máis significativa, tan só 6 personas, e entre elas a alcaldesa e un tránsfuga( do outro nin aparece nin se lle espera), senón serían só 4.
Tamén é significativo que nin apareza o concelleiro da área de cultura.
Hai que mirar como se jastan os cartos de todos señores jobernantes, e alomenos tentar rentabilizalos, de tal xeito que acudan o máximo de personas posible, pois o que se ve na fotografía é un desastre.
Luis Angel Sabariz Rolán · 3-07-2010 ás 13:10
Ao concello o acto non lle custou nada, e ignoro o que lle coustou ao Xacobeo. Este recital poético estivo en varios concellos e realmente foi moi bonito (tanto os poemas como o acompañamento coa guitarra acústica). Asistimos só sete espectadores incluído Cándido Duro que fixo unha presentación moi emotiva.
Dende o Concello dímoslle a maior difusión posible (cartelería, prensa, anuncios en Radio Valga, comunicado do párroco nas misas, etc…).
O día e a hora non eran moi apropiados e a afección á poesía é minoritario, pero aínda así decepciona a escasa asistencia. Ás veces hai moitas críticas porque hai poucos actos culturais, pero son frases feitas porque á hora da verdade a xente non acode. ? o que hai.
O sorprendente é que ti, “estudiante” (ou “bngpontecesures” pois utilizas o mesmo alcume), ataques aos que estivemos alí. E ti, ¿onde estabas?
arrevolussion · 3-07-2010 ás 13:12
“estudiante” escribes un comentario que ten aproveito , a difusión entre os veciños foi moi pobre, pero aínda que se fixera con altavoz e polas rúas do pobo posiblemente a asitencia ó recital poético “Camiños de amor e lúa” tería pouca máis afluencia; hai que ter en conta o ámbito (tanto territorial, intelectual, temporal, etc) no que se celebran este tipo de acontecementos. De ter un pouco de “tacto”, visto o resultado, pois “quizás”, non se debera deixar constancia gráfica do gran acontecemento, e digo “quizás”, xa que ó mellor é preferible que se constate a “gran afluencia e repercusión”, para que en vindeiras ocasións non ocorra o mesmo… por certo delegación de cultura, que é eso?
Luis Angel Sabariz Rolán · 3-07-2010 ás 13:22
Pois eu penso que é mellor deixar constancia gráfica, para que nos demos conta do que ocorre cos actos culturais, do que ocorre coa educación, do desinterese que temos por estas iniciativas. Expliquei dende aquí un par de veces que nas últimas reunións da ANPA non chegábamos a 10 afiliados na sala, nas escolas de pais a asistencia prácticamente é nula.
Non se debe agochar nada. Dende o concello temos a obriga de potenciar este tipo de actos por moi minoritarios que sexan. Facemos o que podemos.
estudiante · 3-07-2010 ás 22:07
Pois si se organiza un acto cultural e o propio concelleiro de cultura do concello de Pontecesures nin aparece por alí. ¿como é isto?
Para o Sabarís, eu non teño obriga nijunha, nin de ir nin de non ir. Primerio porque eu fajo o que me peta, e sejundo porque non me justa a poesía.
Perdo dime, onde estaba o concelleiro de cultura?
onde estaba o outro tránsfuga? tamén tiña juardia?
e o resto do equipo de joberno?
Ah claro como era dominjo, cadraba moi mal día que a xente ten que traballar.
Pois preocúpate de canto costou este recital multitudinario as arcas de todos os gallejos, home, porque ainda que paje o Xacobeo, pajamos todos e así sabemos da famosa austeridade que nos predican.
Luis Angel Sabariz Rolán · 3-07-2010 ás 22:18
Eu non sei onde vai cada quen, “estudiante”. Os concelleiros, como os veciños, non tiñan ningunha obriga de ir ao recital. Cada un ten a súa vida e os seus gustos. Agora ben; aquí estamos a facer unha análise de por que acode tan pouca xente a este tipo de actos culturais. Falo en xeral. Non importa se foi ou non foi, se debeu ir ou non, Xan ou Pericán.
pontecesurex · 4-07-2010 ás 12:05
Que maneira de tirar os cartos, Dios mio, estas cousas tenas que haber porque senon o que toca a guitarra, a que recita os poemas, o que os contratou, e o que aprovou esto non terian nada que levar os bolsillos, e total que mais da, si pagamos todos,se temos que partirnos o lombo pa que te cruxan a impostos e despois se despilfarra todo que mais da, sempre houbo listos e parvos, ai que resignarse e listo.
Luis Angel Sabariz Rolán · 4-07-2010 ás 20:17
Pois estás a facer acusacións ao Xacobeo, “pontecesurex”. Xa dixen que os recitais poéticos son actos que lle gustan a grupos moi reducidos de xente. Pero tamén hai que potenciar a cultura e penso que a rapaza que recitaba os poemas, e o músico que lle facía compaña, non merecen este tipo de comentario. Ás veces que pouco valoramos o que fan os demais.
Xitano · 7-07-2010 ás 12:06
Pareceme ben que haxa este tipo de actuacions culturais. Pero, o kit da cuestión, é que vos non pagades un peso. Entonces hai que apandar co mandado polo xacobeo. Estivemos falando o domingo, na comida de varios temas. Como por exemplo. Hai crisis, é no noso axuntamento, é un modelo a seguir, veciños puxeron as luces de navidad. Meu sobriño de 6 anos, dixonos si iban vir outra vez os Reyes Magos. Aquí todo vale para dar a nota. Non digo que para facer festas, requiere un esforzo. Moitas Grazas á xente que foi pedir polas casas.
Luis Angel Sabariz Rolán · 7-07-2010 ás 13:12
Tamén eu lle dou as grazas ás persoas que foron pedir polas portas, “Xitano”, e alégrome de que che parecera ben o do recital poético. Sobre o alumeado teño que dicirche que ogallá viñeran os reis magos tamén en xullo.