Licitación do albergue de peregrinos de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Sociedade Pública de Investimentos comunicou que onte, 8 de xullo, ás 10:00 hora tivo lugar a apertura das propostas das 38 empresas que se presentaron para optar á execución desta obra.

Despois de activarse este trámite nos útimos días, o concello espera que o acto de apertura das proposicións económicos, que estaba previsto para o 15 de xuño pero que foi aprazado, se realice nos vindeiros días, confiando en que a adxudicación da obra sexa unha realidade neste mes de xullo.

O Concello de Pontecesures solicitou hai uns días ao Xerente da SPIG que os trámites relacionados coa contratación da obra sexan unha prioridade para a institución. A obra non se debe demorar máis para ben de todos.


3 comentarios

lito · 9-07-2010 a las 11:02

O do albergue está moy ben pero………eu creo que esto tíñase que haber previsto para facer antes e non agora que quedan 6 meses para rematar o ano santo, e tendo en conta que ata dentro de 11 anos non volve haber outro…………que fai o albergue estes todos anos practicamente parado? non sei eu creo que chega tarde.

Por outra parte o axuntamento tiña que enroyarse e poñer unha pantalla jigante na praza da igrexa para ver a España na final, como fan moitos outros axuntamentos, pero bueno, habera que ir velo a outro lado.

jandarola · 9-07-2010 a las 12:05

e se o concello pón a pantalla mañán diremos que gasta os cartos en tonterías… o do albergue de peregrinos nin con goberno do PP, Valga no lugar do Pino ten en construcción o albergue… o centro de minusválidos en baño, cartos para reactivar e equipar o museo da «bellotera», etc, etc. ¿e nós? ¡nós durmimos!…

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-07-2010 a las 13:24

O albergue non vai estar parado, «lito», porque van facer o camiño moitos peregrinos aínda que non sexa ano santo. Claro que vai quedar ben (tanto para os peregrinos como para a utilización polo concello para outros usos) e vai mellorar moito o entorno. Dende logo eu critico a demora da administración autonómica, pero por insistencia que non quede.
Fixéronse xestións para o tema da pantalla da final do mundial de fútbol na Plazuela. Pero non é posible. Cunha pantalla grande de plasma ou cun proxector habería problemas de visibilidad porque ás 20:30 horas é de día. Teríamos que contar cunha gran pantalla de LEDs e non as hai dispoñibles para alugalas, segundo me informaron. Estalle a ocorrer o mesmo a varios concellos. De todos os xeitos tamén sería discutible abrir unha competencia cos establecementos de hostalería, que estarán ese día cheos de xente.
Só nos queda esperar que España gañe o campionato. Sería un éxito impresionante.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.