A adxudicación do albergue de peregrinos de Pontecesures interesa a 33 empresas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia (SPIG) seleccionou as empresas que farán a súa proposta económica de cara á construción do albergue de peregrinos de Pontecesures. Despois de descartar cinco candidatas, 33 construtoras serán as que opten á realización deste proxecto.
As propostas para os albergues de Boimorto (A Coruña) e Trasmiras (Ourense) escoitaranse a partir de hoxe mesmo, pero as de Betanzos (A Coruña), Castroverde (Lugo) e Pontecesures aínda non teñen fixada unha data para a súa presentación.
Dende o Concello cesureño infórmase de que «se ignoran os criterios e prioridades en canto aos prazos de adxudicación dunha ou outra obra, pero que o albergue é unha necesidade que non debe esperar máis».
Para acelerar o proceso, o Consistorio realizou xa varias xestións diante da SPIG, á espera de que se fixe unha data de presentación de propostas e se comence canto antes a construción do albergue.

LA VOZ DE GALICIA, 27/07/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.