Deserto o premio do concurso «Busca do Tesouro» das Festas de Porto 2010.
O concurso, celebrado o sábado 14 de agosto, tivo unha gran participación (nada menos que 14 equipos de 5 ou 6 integrantes). Houbo pistas en moitos lugares de Pontecesures como o Camiño do Regadío, Carreiras, rúa do Pilar de San Xulián, Ponte Romana, etc…e o tesouro estaba no parque da praza dos Valeiros de Porto. A proba foi moi divertida, pero como houbo persoas que fixeron desaparecer nos lugares as bolsas coas pistas para varios dos equipos que tiñan que seren presentadas ao final, o xurado considerou que o premio de 200 euros quedase deserto.
A impresión dos participantes foi moi boa, e para novas edicións vanse tomar medidas para perfeccionar o sistema co obxecto de que non se repitan as incidencias do sábado pasado.
0 comentarios