A Festa da Anguía e a Mostra da Caña do País de Valga será entre os días 27 e 29 de agosto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

As dúas festas máis populares do Concello de Valga, a Festa da Anguía e a Mostra da Caña do País, celebraránse como xa é habitual durante tres días a partir do venres 27 de agosto, aínda que as actividades relacionadas coa festa comenzarán xa o día 25.
As mañás deste día e do seguinte serán para os máis cativos, que poderán disfrutar dun obradoiro sobre a pesca da anguía e outro sobre a elaboración da caña. Ás 20.45 horas, faráse a preselección das augardentes do concurso nas modalidades de branca, herbas e tostada.
As actividades do venres comezarán ás 17.00 horas coa entrega de diplomas do concurso de carteis na modalidade infantil. Logo os cativos divertiránse nun festival infantil no que recordarán xogos tradicionais como a corda, as mariolas ou o recentemente creado xogo da anguía, co que se pretende que os nenos afonden na tradición histórica e cultural do municipio. Tras isto, os pequenos disfrutarán da festa da escuma.
O venres tamén haberá exposicións de artesanía, bolillos e pintura, ademais de presentar un doce novidoso este ano, as delicias valguesas, que son bombóns recheos de caña do país. Ás 20.45 horas será a cata final das cañas e a noite rematará coa obra de teatro A cadeira voadora , dos 7 Magníficos+1.
O sábado será o día forte, no que ademais de visitar os lugares que se presentaron ao concurso O lugar máis fermoso, no que os veciños adornan as súas parroquias, se celebrará a Festa da Bicicleta. Pola noite haberá música a cargo da Orquestra Impacto, Lucía Pérez, o grupo M-3, Nuria Fergó e La Guardia.
O domingo Luís Zahera será o encargado de ler o pregón, ao que seguirá a entrega dos premios e a degustación da anguía, entre outras cousas. Como medida anticrise este ano non haberá noite musical, pero o día estará repleto de actividades para todos os públicos.

LA VOZ DE GALICIA, 21/08/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.