A Virxe das Dores e a fonte da Trabanca.
Ao pe do convento do Carmen e da ponte por riba do Sar atópase o santuario da Virxen das Dores na mesma fonte do Carmen, fermoso monumento pétreo que une os barrios da Trabanca de Abaixo e Trabanca de Riba, nunha encrucillada urbana tamén coa rúa dos Peregrinos.
Todo elo na pedra secular que domina en monumentos e rúas na vila santiaguista do Sar, outro de tantos lugares xacobeos do eterno Padrón que peregrinos e viaxeiros en xeral acuden a visitar.
Foi reestructurada durante o reinado de Carlos IV e monseñor Manuel de San Lúcar, bispo de Sidonia, concedeu coarenta días de indulxencias a todos cantos devotamente rezaran unha Salve ante a imaxen da Virxen das Dores. No frontispicio tamén esculpido na pedra se presenta ó Apóstolo Santiago bautizando á Raiña Lupa convertendoa ao cristianismo.
Pero se para os forasteiros é interesante e atractivo, moito máis significativo iste conxunto é para os propios padroneses e non digamos xa para os residentes nas Trabancas ou nas rúas do Carmen, Santiago e Peregrinos, que dende moi antigo honraron o tal santuario da Virxen das Dores con solemnes cultos e grandes festexos.
Ven de antigo o grande aprezo e mesmo a devoción que os padroneses senten hacia iste santuario onde as mulleres cando son nais, seguendo un ancestral costume, adoitan levarlle e porlle unha vela que día e noite permanece acendida a Virxen das Dores en sinal de gratitude polo recén ben nacido.
De ahí que dada a devoción sorprende que dende hai xa once anos deixaran de celebrarse istes populares festexos. Pensamos que sería unha ocasión moi propicia para recuperar a festa das Dores da Fonte que se celebraba no outono e coidamos que se na Trabanca se animan sería tempo para poñerse a organizar un programa de festexos que a bo seguro haberia de contar coa aprobación e apoi de todos os padroneses, mantendo así as tradicións e costumes coma esta que falan das peculiaridades da cada zona ou comarca que nunca deberían perderse.
José Castro Cajaraville
TIERRAS DE SANTIAGO, 31/08/10
0 comentarios