O Rutómetro da V Xuntanza de Motos Antigas de Padrón estará hoxe en Pontecesures.
Hoxe, 25 de setembro, terá lugar esta marcha de motos antigas que organiza a A.C. Motos Antigas «Terras de Padrón».
Ás 11:30 horas concentraránse as motos na pista da Barosa de Pontecesures, e de alí dirixiranse ao parque de Carreiras onde degustarán un aperitivo, por deferencia do Concello de Pontecesures, que será servido pola «taberna de Salvador».
Logo do aperitivo circularán as motos pola rúa do Ensanche, rúa Doutor Mosquera, Redondo, praza de Pontevedra, Avda. de Arousa, rúa dos Namorados, praza dos Valeiros, rúa Deputación, rúa Portarraxoi, rúa San Lois, rúa Sagasta, rúa Victor García, rúa José Novo Núñez e abandonarán o municipio pola ponte interprovincial.
Ao rematar o percorido por outros municipios da comarca, a comitiva voltará, de novo, a Pontecesures, e os participantes almorzarán no Bar Carabela.
0 comentarios