Ex concelleiro e militante do BNG desencantado da política e do sindicalismo, e crítico co goberno de Valga.
Inconformista por principio, Xenaro Barreiro non agochou nunca a súa militancia nacionalista. Ese espírito levouno a encabezar por dúas veces a candidatura do BNG ás eleccións municipais de Valga, en 1991 e en 1995. Na segunda ocasión saíu elixido concelleiro, e foi un dos maiores pesadelos do aínda hoxe rexedor, José María Bello Maneiro. Tras un ano no cargo, tivo que deixalo ao non poder compatibilizar a corporación co seu traballo e a atención a unha familia que aumentaba cun novo fillo.
«Recordo o meu paso polo Concello moi mal. Falta de información, trato de favor do goberno local para os deles, e os que non son deles machacábanos». Unha situación que, denuncia Xenaro, continúa, e cre que vai para longo porque «a Bello e ao PP non os quitan de aí co voto. Souberon manexar ben os fíos, e arrimarse ao poder establecido». Unha situación á que moita xente da rúa contribuiría porque «aquí, e en toda Galicia, non hai solidariedade».
Pero Barreiro non só é crítico coa dereita. «Estou desencantado coa política. Deixei o BNG a raíz da Lei da Función Pública aprobada co bipartito, que lle da unha paga anual de 15.000 euros aos altos cargos da Xunta cando deixan o posto. Entre iso, a viaxe a Cuba da ex conselleira de Cultura Ánxela Bugallo e a Cidade da Cultura, fun un día falar con Carlos Aymerich e díxenlle que me borrase da militancia».
O descontento do personaxe esténdese ao sindicalismo. De aí que o pasado mércores se negase a secundar a folga. «Eu fun bastante guerrilleiro, metínme en moitas movidas, pero levo unha chea de anos sen ir a unha minfestación. Hai unha chea de xente que vive coma Dios. Funcionarios, liberados sindicais, empregados de banca… ? lamentable».
LA VOZ DE GALICIA, 02/02/10
1 comentario
Cara de cona · 2-10-2010 a las 19:15
Ben xenaro ben….deixaches o bloque polos 15000 do ala para os altos cargos……..e polo dos mojitos da Habana coa bugallo….foron pola patilla a de dios deses da cultura do carallo…pitan cunha brocha nun saco de patatas e din que e unha cousa nunca vista…….pero mira un pouco polos teus….xa tes 50 tacos…eh…non todo e rirse…papar e cantar……