BALONCESTO: ESTA TARDE XOGAN OS SENIOR EN PONTECESURES, CON INTENCI?N DE MELLORAR A IMAXE DO PASADO SABADO.
Logo da derrota sen paliativos ante Cuntis, por 45 a 68, o equipo volta a xogar na casa. Esta vez o rival é o C. B. Dorna de A Illa, e o partido tiña que disputarse no seu campo, pero a directiva dos arousáns solicitounos un cambio de campo, pois teñen seu pavillóin en obras.
Así o partido vaise disputar en Pontecesures hoxe sábado a partir das 19.30 h., e esperemos que sirva para dar unha millor imaxen, logo do mal partido do pasado sábado.
Por outra banda, as nenas cadetes xa xogaron esta maña en Pontecesures ante o Arxil «B», gañando por 40 a 38 nos ultimos minutos, nun partido emocionante e moi disputado, e con medio cento de espectadores nas gradas. Coma queira que no partido de ida perderan por 30 puntos, as nosas cadetes teñen que esperar que Arxil A manteña a praza de liga galega, para que non poida ir ós cruces o 2º equipo, e ser o Extrugasa Rio Ulla quen xogue a eliminatoria que da dereito á unha praza en liga galega. Na vindeira fin de semána quedará todo decidido.
0 comentarios