Colisión de dous vehículos na N-550.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Sobre ás 10:40 horas o vehículo Golf de cor azul marino 3468-BSN guiado pola veciña de Infesta E.P.C (Rúa Ullán 47), que ía dirección Valga-Padrón, desviábase da Nacional, a altura da rúa José Novo Núñez 16, para aparcar no praza do Camiño de San Xulián (fonte de Zabala) e ir E.P.C. ao cemiterio parroquial. Na manobra foi alcanzada polo Seat Ibiza branco 6262-BD guiado por un veciño de Valga que reside en Rianxo, que viña na mesma dirección adiantando a varios vehículos detidos que se dirixían á rúa do Pilar onde está o cemiterio.
O Golf fixo un “trompo” e quedou na rampla de baixada na vivenda situada na rúa Novo Núñez 16. E.P.C., que ía sola, tivo un golpe na testa, e foi atendida no PAC de Valga, logo de ser trasladada alí por unha ambulancia do 112. Os dous ocupantes do Seat Ibiza resultaron ilesos. Arestora, a veciña da rúa Ullán ferida xa está no seu domicilio.
As dilixencias foron instruídas polo grupo de Atestados da Garda Civil de Tráfico, intervindo tamén a Policía Local de Pontecesures. O servizo de limpeza do Concello e Protección Civil de Pontecesures encargáronse das tarefas de limpeza da Nacional e do Camiño de San Xulián (quedaron cristais e carburante no pavimento).


4 comentarios

estudiante · 1-11-2010 ás 15:58

E.P.C e E.N.C. son a mesma persoa?
Que roupa levaba E.P.C.?
De quen foi a culpa?
O veciño de Valga para onde ía?
Necesitamos máis datos. Ti tiveches que velo todo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-11-2010 ás 21:24

Como sempre tratas de ridiculizarme, “estudiante”. Hai xente para todo. Se che molesta a páxina hai alternativas de todo tipo. Non sufrades (falo en plural porque non esquezo que tamén es “bngpontecesures”), aquí non chaman a ninguén.

estudiante · 1-11-2010 ás 22:46

uy que susceptible

farto · 10-11-2010 ás 19:06

Moito suscetible, pero non lle negas que eres bngpontecesures. Cachouvos carallo.
E para choques os de baliñas con angueira. seica se comenta que baliñas non quere saber nada da lista do bng de cesures, porque angueira quixo escurrir o bulto… Onde iredes.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.