Contestación íntegra ao grupo do BNG sobre o uso do teléfono portátil enviada aos medios.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

1º) Eu non vou entrar na guerra de cifras sobre os consumos e xunto copia da relación dos datos obtidos da contabilidade municipal. (Hai que engadir 76,30 ? do derradeiro recibo deste concelleiro que chegou en 2011). Mantéñome nas cifras:
Álvarez Angueira, gasto ocasionado polo teléfono do concello 2003/2007: 13.475,79?
Sabariz Rolán, gasto ocasionado polo seu teléfono dende 07/07 ata hoxe: 3.340,37 ?
Álvarez Angueira, sms dende o teléfono do concello nos seus últimos meses de mandato: máis de 1.600 ? (1.248 a un mesmo número).
Sabariz Rolán, sms dende o seu teléfono nos seus últimos 6 meses: 0 ?

2º) Durante os case 7 anos que estiven gobernando co alcalde anterior tiven que facer fronte ás chamadas municipais do meu peto, ó non ter teléfono público. Sábeo perfectamente o ex alcalde, así como o labor que facía, as xestións que realizaba antes e as que realizo agora. Institucións públicas, administración, empresas e veciños en xeral coñecen o meu labor.

3º) Co obxecto de sementar dúbidas sobre a miña xestión, sinala o BNG que chamo ó ??estranxeiro?. Todos sabemos que se contactamos cun aboado que está en Portugal ou recibimos chamadas no país veciño isto ten relevancia na facturación e consta o nome do país. Ínchase así un globo intencionadamente para prexudicarme.

4º) Non teño nin idea de por qué o alcalde anterior enviou 1.248 sms ó mesmo número en 6 meses, algo insólito na Administración. Como non dou a cara no pleno cando se lle preguntou, foi necesario acudir á xustiza, pero non polos 1.600 sms, senón por eses 1.248 e por outros 88 e 74 a outros dous números concretos.

5º) Resulta sorprendente que o BNG de Pontecesures entre nesta guerra de consumos telefónicos. Os cesureños deben coñecer que a pesar de perder a alcaldía o 16 de xuño de 2007 o ex alcalde non entregou o teléfono do concello (houbo que requirirllo por escrito). Pois ben; dende o 16 de xuño ata o 21 de xuño de 2007 Álvarez Angueira realizou nada menos que 255 chamadas telefónicas e enviou 99 sms. Xa explicará o BNG como un ex alcalde seguiu realizando chamadas coma se presidise a Corporación.

6º) Este concelleiro non quere entrar en polémicas sobre este tema, anunciando que a facturación tanto do ex alcalde como da miña está a disposición dos veciños de Pontecesures para que a comparen e saquen as súas conclusións.

Pontecesures, 15 de xaneiro de 2011
Luís Á. Sabariz Rolán


7 comentarios

estudiante · 16-01-2011 a las 12:47

«Este concelleiro non quere entrar en polémicas sobre este tema,W
Que lle psasa a este tipo que di que non quere polémicas sobre este tema, ja, ja ,ja. Quere escapar deste asunto porque lle queima realmente. Iso só demostra que o BNG sejuraemtne di a verdade e él é quen minte, ja, ja ,ja.
Claro que as chamadas ao extranxeiro se producen ao contactar con aboados que están alí, pero eso non te exime de que empregaras o móvil para realizar chamadas ao extranxeiro e non creo que fora para facer xestións coa UE. Canta a quen chamabas en Portugal? á túa muller que veraneaba alí? ao teu socio Alfonsito? A portujeses en jeral a aljúns en particular? Canta llilli.

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-01-2011 a las 14:35

Pero «estudiante», ou «bngpontecesures», os datos son moi claros, as diferenzas do meu uso e o do alcalde anterior en canto ao teléfono son tremendas. Parece que agora queres facer bandeira das chamadas de Portugal. Reitero:

1) Que se eu chamo a un teléfono de aqui pero o titular está en Portugal, isto se reflicte na factura.
2) Se eu chamo dende Portugal a un teléfono de aquí tamén se reflicte na factura o termo do pais veciño.
3) Se eu estou en Portugal e me chama calquera, tamén aparece pola tarifa compartida.

Claro que chamo ao concelleiro Alfonso Diz (non sei a que ven ese trato despectivo) compañeiro de formación ou algunha vez á muller para localizalo, estea en España, Portugal ou onde sexa. ¿Que problema ten iso?. Por exemplo, se hai un auto sobre o caso do gasoil que hai que tratalo co avogado, ou se imos presentar unha moción, ou se tratamos de enviar dende o concello unha carta a ADIF por deixar o tren en terra a xente de Pontecesures en Vilagarcía, e tantas e tantas cousas máis. ¿Non podo chamar ao concelleiro Diz, non adscrito coma min?.

¿Non serán máis difíciles de explicar as 255 chamadas e os 99 sms, do alcalde anterior, entre o 16 e o 21 de xuño de 2007, sen estar xa no posto?. ¿Que xestións fixo neses días que teñan que ver coa alcaldía que xa non ostentaba?. Ven ver os detalles deses días nas facturas conmigo «estudiante» e sacamos conclusións os dous xuntos. Ven ver tamén as series interminables de sms nas facturas e así nos contas a que se deben.
Con chamadas «internacionais» ou non, teño unha media mensual de consumo de 79 euros, e o alcalde anterior de 280 euros.

arredemo · 16-01-2011 a las 20:19

…»se hai un auto sobre o caso do gasoil que hai que tratalo co avogado, ou se imos presentar unha moción…», son conversacións que pertecen exclusivamente á actividade política destes tránfugas, e en ningún caso, entran no ámbito das «relacións institucionais» do Concello.

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-01-2011 a las 21:16

No rizemos el rizo, «arredemo», los no adscritos tenemos responsabilidades de gobierno y no sólo tratamos del ámbito de las relaciones institucionales.
Veo, por otra parte, que te encanta decir una y otra vez (y ante la proximidad electoral) el término tránsfugas. Eres feliz al ponerlo. Pues mira, jamás apareció Pontecesures en los casos de transfuguismo incluídos en el pacto (Mos, Silleda, Benidorm, etc..). Jamás los cargos directivos del PSdG-PSOE a nivel autonómico o estatal se refirieron a nosotros. ¿Por qué?. Porque no cambiamos de bando, lo único que hicimos fue negarnos a cumplir un pacto impuesto e imposibilitamos que un alcalde del BNG siguiera ostentando la alcaldía. Anuciamos al partido que nunca lo apoyaríamos y le indicamos las razones, lo aceptaron, nos vinieron luego con el pacto, no dijimos amén y nos echaron. ¿Quién incumplió cuando antes nos dijeron que no habría tal pacto?. Por supuesto que si hubiésemos sabido que nos vendrían con la imposición no hubiéramos ido en las filas socialistas. Mira como ahora las altas esferas del partido no nos dicen ni pío.

arredemo · 16-01-2011 a las 21:23

Reitero que para as vosas actividades políticas debedes empregar só o vos teléfono particular e nun usar o móbil que vos pagamos todos.

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-01-2011 a las 22:23

A cuestión da distinción entre os intereses ou a defensa do concello/actividade política, sempre é opinable. Porque todo é actividade política aínda que esteas no goberno, e sempre haberá quen diga que eu chamo a unha institución e logo ao meu compañeiro, por interese dos concelleiros non adscritos, co fin de presentar unha moción, sós, ou coma grupo de goberno, para «apuntarnos un tanto» diante dos veciños. ? o de sempre.

Cara de cona · 18-01-2011 a las 20:32

Saba…..siguen coas chamadas ao extranxeiro…..dille aquelo de menos mal que nos queda Portugal…..jo….jo…jo…dille que chamaches a aquel portugués…….para investigar aquelas lampreas que traía angueira do Miño para a festa…..hai tomate…jo…..jo…jo…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.